Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
Entrevista
Como se sinte ao saír refrendado pola maioría da militancia?
Máis alá da porcentaxe de apoio, quero destacar a amplia participación, do 79% na provincia e do 83% na cidade. Isto demostra que o partido ten un proxecto compartido. Este proxecto é o que viñamos dicindo na campaña: pasar de ser un partido sobresaínte, de “9”, a un partido excelente que chegue aos 10 concelleiros na cidade e na deputación que posibiliten un cambio político.
Durante toda a campaña falou de integración. Empezaron os contactos cos membros da candidatura de Alfredo García para conformar a nova cúpula provincial?
A creación da nova executiva aínda non arrancou. Si hai contactos, dirixidos a unha candidatura da integración que non se caracterice pola pola imposición dunha lista senón que se basea no diálogo cos actores para tratar de ter unha visión ampla e chegar ao maior número posible de militantes, todos concordantes co mesmo proxecto pero respectando a visión de cada un.
Nas primarias galegas, vostede apoiou a candidatura de Gonzalo Caballero. Como é a súa relación con Valentín González Formoso?
É unha relación cordial e fluída. Nos contactos non hai ningún tipo de diverxencia e ante todo, o mesmo que dicíamos nas primarias de Ourense, se un se considera demócrata ten que aceptar os resultados que saen dela. Ademais, tamén son fiel ao meu partido. Dende sempre foi unha relación moi boa, incluso durante á campaña das primarias galegas, cando acudín ao acto que fixo en Ourense ao ser o secretario provincial e nunca houbo malestar ou confrontación algunha.
Espera lograr unha candidatura de consenso na agrupación local da cidade?
Esa é unha aspiración que temos de sempre. Un consenso maioritario permitiría evitar un proceso de primarias, que non están mal, pero xeneran un traballo que se pode evitar cun acordo previo. Vou poñer todos os medios para que sexa posible e, de lograrse, creo que tanto o partido coma a cidadanía sairán beneficiados porque comezaremos antes a traballar nun proxecto político para a cidade.
Volverá ser o candidato á alcaldía de Ourense?
Creo que o PSOE xa debería estar gobernando, tanto na cidade como na provincia, ao gañar con máis de 2.000 votos de diferenza. Se non o está é porque se deu un pacto entre dúas formacións que eran inimigas e incluso se detestaban entre elas. Por iso o noso proxecto está sendo adiado. Claro que me gustaría levar a cabo ese proxecto que quedou cercenado dende un primeiro momento, pero, como digo sempre, xa cruzaremos o río cando cheguemos á ponte. Hai moito que falar ata alí e o importante agora é estar unidos. A partir de aí, todo é posible.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas
143 DÍAS EN EL MEDITERRÁNEO
España mantiene los días de pesca en 2026 tras acuerdo con la Unión Europea