ENTREVISTA - PSOE

"Erros? Seguro, pero respectei o básico, a decisión da militancia"

Ourense 15/11/17
Entrevista al antiguo secretario provincial del PSOE en Ourense Raúl Fernández
Fotos Martiño Pinal
photo_camera Raúl Fernández, onte na sede.

Case oito anos despois de chegar á secretaría xeral do PSOE ourensano, Raúl Fernández (Castrelo do Val, 1955) confirma que non optará á reelección no cargo

Case oito anos despois de chegar á secretaría xeral do PSOE ourensano, Raúl Fernández (Castrelo do Val, 1955) confirma que non optará á reelección no cargo, ó entender que o seu ciclo chegou ó final. Convencido de ter actuado correctamente, confía no futuro da formación tras o proceso electoral que acaba de comezar.

É un final triste?

Non, en absoluto. Cando traballas en grupo, hai un principio e un final. Rematamos o noso período de mandato o sábado, independentemente do da xestora, que foi comunicado, por certo, hai uns minutos, de manera absolutamente innecesaria.

Ve un movemento de forza de Gonzalo Caballero?

Eu respecto absolutamente a decisión, porque ten enriba da mesa unhas firmas, aínda que teño as miñas dúbidas que sexan reales a totalidade. Hai sensación de moita inestabilidade, pero nunca perdín unha votación nun comité nin nunha executiva, iso tamén está aí. Mantivemos unha estabilidade dentro do ruído, a diferencia doutras provincias.

Ese sector crítico foi pouco valente por non presentar as firmas en maio?

Creo que cando se toma unha decisión dese estilo, é para aplicar naquel momento por esa situación, presentala cinco meses despois é extemporáneo, danme a razón. Non me tivese costado nada convocar a executiva, a dúbida era que se debatía, pedín un informe a Madrid para que me clarificasen se a executiva era competente en revocar un cambio de portavoz na Deputación, pero ese informe nunca chegou. Estou convencido de que se fixo todo correctamente.

Cando decidiu non seguir?

Son dos que creo que determinados postos como este teñen que ter un tempo determinado, é algo moi intenso e vaite minando. Os tres primeiros anos daba clase nun colexio, que era algo sagrado e calquera chamada sobre o partido non a atendía, polo que delegaba Logo, non debemos ser alleos a que foi unha época moi convulsa a nivel galego, cunha xestora, sen obviar o sucedido en Ourense cidade, que sempre dixen que nos ía contaminar.

Foi un shock cando saltou polos aires o goberno socialista en 2012?

Vigo e Ourense partiron con 11 concelleiros; Vigo subíu o 50% e gañou a Deputación mentres Ourense baixou á metade, sen a mínima posibilidade de Deputación. Se miras o mapa da provincia, gobernamos no Barco, A Rúa, Petín, Verín, Ribadavia, Barbadás, nas principais vilas.

É mérito da executiva que liderou ata agora ese poder nos principais concellos?

Claro, temos 234 concelleiros, as vilas asentadas. Fallou o que fallou e alí ademais non temos competencias, porque ó pasar de 20.000 habitantes depende de Santiago.

Valorou concurrir ás primarias?

Houbo compañeiros que me animaron, pero esta é unha etapa nova, hai unha nova liña de actuación, Gonzalo Caballero é o meu secretario xeral. Falei más con el nestes 15 días que co anterior secretario xeral (Xosé Ramón Gómez Besteiro).

A relación é boa con Caballero, entendo.

Boa e fluida. Non comparto o da xestora, pero non ten importancia.

Sentiuse só nalgún momento?

En absoluto. Cando un ten traxectoria política, sabes que no camiño sempre vai quedar xente, pero outra se suma. Só nunca me sentín, fago un agradecemento xeral a toda a militancia, ás agrupacións locais ou concelleiros. Resalto a María Quintas, que deu a vida polo partido.

Pero faría algo mal. Arrepíntese de algo?

Seguramente se lle preguntas a outros dirán que houbo moitas cousas, eu teño a sensación de irme co deber cumprido, sabendo que cometín errores porque é inevitable cando tomas decisións, e sempre podes facer algo máis. ¿Errores? Seguro, algo concreto non sei, pero respectei o básico, as decisións da militancia.

Pasa factura a sombra do pachismo?

É un cliché. Os que traballamos con Pachi Vázquez sabemos que tiña unha forma de facer política solidaria, volcada cos que teñen necesidades. Esa forma de facer política, pegada á xente, nos agradou.

Que espera a partir de agora?

Cando foi o do comité de campaña, quixemos algo parecido ó de agora coa xestora, para que fose aberto, participativo e non se quixo pese a que chamamos a todas as sensibilidades. Ó novo secretario xeral lle pido todos os esforzos para lograr a unidade, que sexamos capaces da convivir coa diversidade, poñendo en valor o que nos une e non o que nos separa.

Ten futuro o PSOE en Ourense?

Si, partindo da base dos 17 alcaldes, 234 concelleiros, 1.600 afiliados, creo que hai partido.

Cal será o rol de Raúl Fernández?

Estarei co equipo que saia como militante, non teño previsto nada máis. Botarei unha man se o piden. 

Te puede interesar