Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
“A arqueoloxía é un dos grandes ámbitos da cultura ourensá e unha das fontes á que debemos acudir sempre para saber quen somos e para intuír cara onde imos”, dixo o presidente da Deputación, Manuel Baltar, na presentación do número 45 da revista Raigame, que nunha edición especial á que se sumará un segundo volume dedica o seu contido á actividade arqueolóxica na provincia desde un punto de vista científico e divulgativo.
No Pazo provincial, Baltar recibiu o novo exemplar de Raigame de mans do director da revista e do Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo, Xulio Fernández Senra; e do director do Museo Arqueolóxico Provincial, Xulio Rodríguez; aos que felicitou pola importancia dos artigos e dos colaboradores seleccionados.
Para o presidente provincial, “este número engrandece toda a obra dunha das principais apostas editoriais da Deputación, unha revista que poñemos a disposición de estudosos, investigadores, centros de ensino, museos e arquivos de Galicia nunha liña editorial moi acertada e da que non hai movemento semellante en Galicia”.
Manuel Baltar tamén celebrou que Raigame centre o contido deste novo número na arqueoloxía, “campo no que ocupa un lugar destacado López Cuevillas, impulsor da renovación desta actividade en Galicia e vencellado á revista Nós, da que celebramos o seu centenario mantendo vivo o legado e as achegas que fixeron un grupo de intelectuais que souberon interpretar e entender Galicia”.
Xulio Fernández Senra explicou que, seguindo a liña de monográficos da revista, “démonos conta de que esta era unha boa ocasión para tratar a arqueoloxía, un campo tan amplo na provincia de Ourense que decidimos facer un segundo número sobre este tema que xa temos deseñado”.
Pola súa banda, Xulio Rodríguez agradeceu a invitación para participar neste número “xusto cando despois de celebrar o centenario da revista Nós imos conmemorar en 2023 os cen anos do Seminario de Estudos galegos, e onde en ambos os dous casos a arqueoloxía foi unha disciplina de primeira orde”.
O número 45 da revista Raigame, editada pola Deputación de Ourense, preséntase como un recoñecemento ao traballo dos profesionais que se dedican á arqueoloxía, sinalando ademais as posibilidades turísticas e culturais que ofrece. Neste novo número faise un percorrido polo mapa provincial presentando artigos que abordan intervencións en xacementos de referencia como son o campamento romano de Aquis Querquennis, en Bande, os castros de Cameixa en Boborás, Castromao en Celanova e o de Saceda en Cualedro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Ratificados los 13 años por violar y “cosificar” a su expareja en Ourense: "Te voy a follar cuando quiera"