A Ribeira Sacra pide un desexo polo seu 900 aniversario: ser Patrimonio da Humanidade
"ROVOYRA SACRATAA"
A Ribeira Sacra celebrou o aniversario do seu nome no Mosteiro de Montederramo
Transcorreron 900 anos dende que se mencionou por primeira vez o termo "Rovoyra Sacrata". Foi nun documento datado o 21 de agosto de 1124 en Allariz. Nel a raíña Tareixa de Portugal, xunto co conde Fernando Pérez e co seu fillo Alfonso Enríquez, doaban ao Mosteiro de Santa María de Montederramo o lugar de “Rovoyra Sacrata”, cuxos termos se delimitan no territorio de Caldelas.
Nove séculos despois, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra celebrou o aniversario deste primeiro recoñecemento documentado do territorio. Foi nun acto institucional no Mosteiro de Montederramo no que se repasou a historia do lugar, se puxo en valor a riqueza do entorno e se manifestou o desexo por conseguir o recoñecemento da Unesco como patrimonio da humanidade de cara ao 2026.
O pasado mes de abril, o Consejo del Patrimonio Histórico, o órgano de coordinación do Goberno central e as comunidades autónomas, daban a coñecer a decisión unánime de que a candidatura "Paisaxe da auga: Ribeira Sacra" sexa a proposta de España para conseguir a declaración de Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco no vindeiro ano 2026, o que abriu un novo horizonte na liña de traballo que a Xunta de Galicia puxo en marcha no ano 2017.
“A Ribeira Sacra ten os deberes feitos e ten a candidatura novamente ordenada para ser declarada Patrimonio da Humanidade en 2026”, sinalou Luis Fernández, presidente do Consorcio de Turismo. Na mesma liña tamén se pronunciou o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, quen insistiu en que “se algún territorio merece esta declaración é a Ribeira Sacra”. “Invitaría aos que van avaliar a candidatura a que se sentasen aquí a contemplar a súa beleza. Estou seguro de que o imos conseguir”, apuntou.
María del Carmen Martínez, directora xeral de Patrimonio Cultural, sinalou os pasos a seguir en vista de potenciar a adquisición do título: “Estase traballando na renovación do expediente, en 2025 presentarase o documento definitivo que será obxecto de avaliación, para en 2026 poder ser presentado ao comité de Patrimonio Mundial”. Con todo, insistiu en “valorar o que xa temos” porque é “extraordinario”, aínda que, coma todos, considera que o lugar “merece ese recoñecemento”. Menor reflexionou tamén sobre a oportunidade que representa este enclave para Ourense. “A Ribeira Sacra é unha marca de primeira categoría, con moita historia, pero tamén con moito futuro”, destacou e fixo tamén unha chamada de concienciación para salvagardar a riqueza deste territorio. “Temos recursos finitos. O reto é mellorar e conservar a Ribeira Sacra”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
MEDIDAS ANTICORRUPCIÓN
Sánchez asegura ante el Comité Federal que el PSOE no se ha financiado ilegalmente
"RESPUESTA CONTUNDENTE"
Irán ataca posiciones de EEUU en respuesta a su ofensiva en el estrecho de Ormuz
La Región
CLAVE GALICIA
Quedar