A rúa esperará por Rafa
REPORTAJE
Hai un neno ourensán que non sairá este domingo de casa. Padece unha enfermidade rara, que obriga a súa familia a extremar as precaucións dende que naceu. "Esta paranoia do COVID, nós xa a tiñamos de antes", di a nai.
Os nenos hoxe volven á rúa, pero hai un pequeno ourensán que non o fará polo momento. Rafa, o único neno de Galicia coa enfermidade rara miopatía miotubular, pasa o confinamento cunhas medidas de protección xa comúns para a súa familia, que nestes momentos fanse indispensables. “Todas as medidas de protección que recomendan nós xa as tomamos dende que naceu Rafa”, afirma Raquel Noguerol, a súa nai. Lavar as mans ou gardar a distancia con Rafa é algo normal para todos os que o coñecen: “Un simple catarro para él, pode rematar nunha neumonía. Non sei que pasaría co coronavirus”, conta.
Rafa xunto co seu pai, Santi Rodríguez; a súa nai e a súa irmá Celtia, forman parte da asociación Pequeños Superhéroes, que lles da apoio e buscan tratamentos para esta enfermidade neuromuscular. “Ningún dos doce rapaces o tivo, non sabes como lles pode afectar e non queremos ser os primeiros”, conta Noguerol. Deste xeito, o 12 de marzo xa decidiran tomar as súas propias precaucións de confinamento. Celtia non voltou a clase e Santi colleuse tres semanas de vacacións para “evitar riscos”. Durante os primeiros 15 días tomaron as mesmas precaucións de saír a rúa dentro da casa: “Estábamos con él levando máscaras e luvas, sen darlle besos nin nada. Logo, como non tivemos ningún síntoma, xa volvemos a normalidade”.
Unha irmá comprometida
Celtia aproveitou todo este tempo para estar máis preto de seu irmán e axudar en todo o necesario a seus pais, todo porque decidiron non levala á casa dos avós. “Tivemos dúbidas e aínda que sexa máis traballo, fainos moita falta aquí con nós”, explica Noguerol. Os tres encárganse de que todo saia ben para Rafa, xa que cancelaron os tratamentos e todas as visitas de especialistas a súa casa: “Na semana que todo pasou, xa nos suspenderon as visitas ao hospital e tomamos a decisión de que non viñese ningún especialista á casa". Un novo tratamento que comezou Rafa durante o confinamento obrigouna ser ela quen acudise ao hospital: “Tiven que ir alí para que me ensinaran a facelo e eu darllo a Rafa”, apunta.
Agora, co permiso de saír a rúa para os nenos, Celtia non perderá esta posibilidade. “Non ten pedido ir a rúa, pero se quere, sacarémola porque é normal”, explica a súa nai. Polo momento está adaptada e só pide cousas como tomar un zumo ou ir ao parque, que non pode facer. No fogar segue as indicacións de seus pais, que crearon a “habitación do coronavirus”, onde gardan toda a súa roupa e calzado, xunto coa compra que desinfectan. “Toda esta paranoia, nós xa a temos de antes”, afirma. Pouco a pouco, todo volverá á normalidade para que Rafa podar volver á rúa. Mentres, él asómase á ventá da súa casa para aplaudir cada día ás oito.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN LUGAR DIFERENTE
El manual de longevidad de los centenarios ourensanos
ÚLTIMA JORNADA
3.200 consultas anuladas por la huelga de médicos en Ourense
UN HELICÓPTERO MEDICALIZADO
Un herido tras ceder el suelo de su vivienda en Castro Caldelas
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”