Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
O Concello de Taboadela sacou a concurso este luns as obras de reforma da antiga casa reitoral do municipio, que acollerá a futura Casa da Cultura municipal. Este é un dos proxectos estrela do mandato do actual alcalde de Taboadela, Álvaro Vila (PSOE), e estarán cofinanciadas ao 80% pola Deputación.
A iniciativa deu os seus primeiros pasos en decembro de 2019, cando o Concello chegou a un acordo co Bispado para adquirir este edificio. Este proxecto permitirá dotar ao municipio dun espazo cultural e de participación cidadá, incluíndo un servizo de biblioteca e de medios materiais didácticos para que os máis cativos poidan participar en obradoiros e actividades recreativas.
O contrato recoñece que o estado de conservación da edificación é “deficiente” dada a súa antigüidade (de máis de 100 anos) e tamén, debido ao “abandono da mesma” atópase nun estado ruinoso con necesidade de ser reformada.
O prazo de execución inicial é de dous anos dende a concesión da obra, deixando a porta aberta a unha ampliación que adiaría o remate dos traballos un ano e medio máis. Deste xeito, as melloras recollidas no proxecto están divididas en dous capítulos: por unha banda están as actuacións no almacén anexo, onde se retirará a vexetación que a invade e se porá unha cuberta nova. Pola outra están as actuacións no propio edificio, entre as que se atopan a demolición de soleiras ou da escaleira, o saneamento dos muros de pedra existentes ou a readaptación do inmoble ao seu futuro uso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas