Talleres de autoemprego para mulleres en Monterrei

A partires de hoxe e ao longo deste mes de novembro desenvolverase os obradoiros de emprendemento feminino no centro transfronteirizo de dinamización integral para as mulleres de Monterrei, no marco do proxecto CEDIM no que participa a Secretaría Xeral da Igualdade.
Esta acción formativa está dirixida a mulleres desempregadas ou interesadas na posta en marcha dunha iniciativa de autoemprego como posibilidade de acceso ao mercado laboral. Trátase de presentar o autoemprego como unha alternativa de acceso ao mercado laboral para as mulleres, ao tempo que se melloran as competencias para o emprendemento feminino.

Complementariamente, ofrecerase información das diferentes fórmulas de autoemprego, con especial atención ao cooperativismo, dando a coñecer os apoios e axudas dirixidas a esta modalidade empresarial.

Te puede interesar