Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
SALUD
As pacientes do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense poderán acceder, desde este mesmo ano, a unha nova oferta asistencial que ven a completar seu tratamento de reconstrución mamaria, grazas a implantación, por parte do Servizo de Cirurxía, do tatuaxe terapéutico en tres dimensións, técnica que consigue unha realista recuperación visual do pezón e areola perdidos nunha mastectomía indicada por un cancro de mama.
Para a posta en marcha da nova técnica de reconstrución, os seis cirurxáns integrantes da Unidade Funcional de Mama, recibiron formación específica no manexo, equipamento e técnica da tatuaxe terapéutica, impartida por Alvaro Quesada, tatuador con ampla experiencia nesta aplicación terapéutica, e que ven colaborando desde hai anos coHospital Universitario de Torrejón (Madrid).
A técnica que se implantará en Ourense ten a vantaxe de empregar tintas permanentes, con plenas garantías sanitarias, mellorando así o inconveniente da micropigmentación, mais superficial e que co tempo perde cor, o que obriga as pacientes a repetir o proceso pasado un tempo. Ademais, o uso do efecto en tres dimensións logra un resultado visual altamente realista e o procedemento realizarase, con plenas garantías sanitarias, nunha sala cirúrxica.
Integración na oferta asistencial con plenas garantías sanitarias
No taller que concluíu onte, atendéronse a tres pacientes da unidade, que completaron así seu proceso de reconstrución mamaria, logrando recuperar visualmente pezón e areola, un paso que permite, á muller afectada, poñer un punto e final emocional e terapeútico a un doloroso proceso que afecta ademais a súa autoimaxe, polo que a reconstrución é cada día un tratamento mais demandado.
Para Manuel García, xefe do servizo de Cirurxía do CHUO, e integrante do equipo da Unidade Funcional de Mama, a posta en marcha deste novo servizo ven a completar a carteira de servizos da unidade, destacando que é un procedemento sinxelo, de curta duración, que se realiza ambulatoriamente, e prácticamente indoloro grazas ao emprego dun anestésico tópico.
As previsións da unidade pasan pola citación programada das pacientes atendidas previamente, ás que se lles ofertará completar súa reconstrución mamaria nos próximos días, para gradualmente ir atendendo os novos casos. Para elo preveen unha maior periodicidade inicial das sesións, adaptando posteriormente estas á demanda. 200 novos casos de cancro de mama anuais
No Complexo Hospitalario Universitario de Ourense diagnostícanse unha media anual de 200 casos de cancro de mama que, grazas ao esforzo realizado nos últimos anos, tanto de cribado como de accesibilidade diagnóstica, son detectados cada vez mais precozmente, en estadios iniciais, o que aumenta o éxito dos tratamentos, mais efectivos grazas ao avance da abordaxe cirúrxica, a quimio e a radioterapia, así como ás vantaxes da coordinación multidisciplinar.
Na actualidade en Ourense os tratamentos son individualizados, á medida das necesidades e características de cada paciente e, na maioría de casos, a resposta cirúrxica é conservadora. Ademais, cando é precisa a realización dunha mastectomía procédese, nun 40% dos casos, a reconstrución mamaria no mesmo acto cirúrxico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas