A UVigo premia a excelencia do Campus Agua de Ourense
TRATAN TODOS OS EIDOS DE COÑECEMENTO
Investigadores e alumnos da Universidade de Vigo recibirán o martes o premio extraordinario polos seus traballos
O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou a concesión dos Premios Extraordinarios de Doutoramento do curso 2023/2024, recoñecendo o traballo de 21 investigadores (13 homes e 8 mulleres) en diversas áreas do coñecemento:
- Humanidades: Iria Seijas Pérez, Jesús Meiriño Gómez e Antía Iglesias Fernández.
- Ciencias: Amaro Saco Beiroa, Antía González Pereira, Clara Otero Martínez, Pablo Hernández Lucas, Carlos Rafael Vidal e Manuel Alejandro González Fernández.
- Enxeñaría: Laura Alonso Martínez, Iván Martínez Estévez, David Candal Ventureira, Manuel Casar Guisande e Brais Barros González.
- Eido xurídico-social: Evelia Murcia Álvarez, Nuno André Pinto de Sousa, Dolores Fiel Varela, Marta González González, Lucas López Manuel, Hugo Pérez Manuel e Andrés Carrera Hortas.
A entrega dos galardóns será o martes 28 de xaneiro, no acto institucional de celebración do patrón da Universidade, San Tomé de Aquino, no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo ás 12:00 horas.
No evento tamén se outorgarán:
- Os Premios Extraordinarios de Grao 2023-2024, incluíndo 13 distincións para estudantes de Campus Agua.
- Recoñecementos aos mellores expedientes de novo ingreso en grao e mestrado do curso 2024/2025.
- Os Premios Egeria (8 en total), que destacan a inclusión da perspectiva de xénero en traballos de fin de grao, mestrado e teses.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IMPUESTOS SOBRE VIVIENDA
El bum inmobiliario en Ourense deja tras de sí una recaudación récord de impuestos
ESPIRAL INFLACIONISTA
Ourense, entre las provincias más castigadas por la inflación
VUELCO EN EL SECTOR PÚBLICO
Más de 3.600 trabajadores públicos de Ourense, en vilo por su puesto