Itxu Díaz
BITÁCORA DE CAMPAÑA - DÍA 14
Esperando el “Plan Platita” en los sondeos internos
Puigdemont volve a España, bueno a Cataluña, que é o mesmo, aínda que el pensa que non é España. Será, segundo anuncio propio, o próximo 12 de decembro, sábado, deixando atrás nove anos ou algo máis de 3.300 días nos que residiu en Bruxelas, despois dunha fuga en coche dende o seu domicilio en Girona. Co coñecido dende entón ao respecto, sigue constituindo un episodio estrambótico máis dos que en ocasións especiais protagonizan os servizos de intelixencia do Estado, que seica non se enteraron, como tampouco de onde foron escondidos milleiros de urnas de cartón para acoller os votos cidadans sobre a independencia de Cataluña.
Instalado na capital comunitaria e logo en Waterloo, que xeograficamente é algo así como O Carballiño para Ourense, pero máis cosmopolita dado que alí conviven moitos funcionarios de distintos países da UE e de outras institucións e empresas supranacionais.
A sua fuga despois da implantación do famoso artigo 155 non tivo maior épica, pois non se produciu despois da defensa numantina de vidas e facendas dos seus súbditos, senon metido no maleteiro do utilitario familiar coma un vulgar escapado da xustiza, se cadra tocado cun pano da sua señora para evitar ser recoñecido. Instalado na capital comunitaria e logo en Waterloo, que xeograficamente é algo así como O Carballiño para Ourense, pero máis cosmopolita dado que alí conviven moitos funcionarios de distintos países da UE e de outras institucións e empresas supranacionais.
Dende a sua chegada ata agora dedicou o tempo a falar e teorizar sobre Cataluña e a soñar o retorno xa datado, aínda que se desmiuzamos o seu quefacer e atendendo a declaracións recentísimas, unha parte do labor desenvolvido foi atender a emisarios de Sánchez, a quenes sitúa como bobalicóns (“pediámoslle de todo -concesións para Cataluña- e aceptaban canto reclamabamos” a cambio de respaldo no Congreso ás iniciativas do Goberno).
Ademáis de disparar contra Sánchez, neste lapso de tempo ata o retorno definitivo, trata de redondear un relato no que se sitúa como artífice de ter inflixido unha “derrota” a España. Descoñécese si nese dilatado espazo de tempo para a reflexión, o autonominado triunfador na sua guerra contra o Estado español, ten reparado que as enquisas concedíanlle pobres resultados a Junts, o seu partido, que minguarían a capacidade de influencia exercida na extinta lexislatura; tendencia que podería consolidarse nas próximas autonómicas catalanas.
En pouco máis de 48 horas é posible que se aclare o panorama político en España ao tempo que saian pistas para intuir cara onde vai o electorado de Cataluña, que podería ameazar as ínfulas (“agradezco las continuadas razones» para que «me muera de ganas de daros por culo”, en frase extraída dun poema do mallorquín Pons Alorda) de quen lle bastou un humilde maleteiro de coche para meter toda a defensa a ultranza das suas hostes e encher de lixo a condición de cidadán molt honorable.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
BITÁCORA DE CAMPAÑA - DÍA 14
Esperando el “Plan Platita” en los sondeos internos
Lalo Pavón
A valentía que cabe nun maletero
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
“Hermanas”
Itxu Díaz
BITÁCORA DE CAMPAÑA - DÍA 13
La tensa espera hasta el debate a cuatro
Lo último