día das letras

Zumalave: “A música como compromiso coa cultura galega”

concierto_result
photo_camera A Filharmonía de Galicia.

"É moi importante ter claro a gran referencia que supón Ourense para a música", remarca ó director

Maximino Zumalave estará esta tarde en Ourense á fronte da Filharmonía de Galicia, a partir das 20,30 horas no Auditorio. O xoves repetirá no de Santiago. "Este concerto lévase facendo desde hai moitos anos coincidindo coa véspera das Letras Galegas. A música como compromiso coa cultura de Galicia, e moi especialmente a literatura".

"Unha das particularidades deste ano é que imos estrear unha obra ("Formiga") sobre un texto de Carlos Casares (do libro "A galiña azul"). Faise todos os anos sobre textos do escritor que é homenaxeado. O obxectivo é intentar que o repertorio da lingua galega teña unha presenza documental. Este ano é un xoven músico, Rubén Vizcaíno, quen compuxo unha obra baseada nun conto de Carlos Casares, un conto que, como todos, ten a súa moral e tamén as súas alegorías", engade o mestre compostelán Maximino Zumalave.

UNHA REFERENCIA

"É moi importante ter claro a gran referencia que supón Ourense para a música, os que nos adicamos a ela non esquecemos o concurso de piano de primeiro nivel internacional que tivo lugar alí durante moitos anos. Sempre deixo moi claro que a Filharmonía de Galicia tamén é de Ourense", conclúe Zumalave.

Te puede interesar