ESTUDIO CLÍNICO
Estudian la relación entre el riesgo vascular y la demencia
O SON DO PIÑEIRO
Hoxe estas liñas teñen que ir dedicadas ao mundo das orquestras e de todos os que conforman a Verbena Galega. É 15 de agosto, do que se dicía no mundo da "pachanga" que se non actuabas esta noite era mellor que te retiraras.
Pero hoxe, a case totalidade delas quedarán na casa e actuarán como moito algunhas formacións de duos ou tríos nalgún evento moi minoritario. As cousas non están como para andar con demasiadas alegrías, e rezamos para poder rematar o verán en paz e saúde, agardando a que os próximos meses non nos compliquen a vida máis do que xa está complicada.
Algunhas formacións musicais matan o "verme" acudindo aos platós televisivos, ben sexa ao completo como o grupo "JB Son", ou actuando en solitario en programas como "Bamboleo"; o mesmo que fan os artistas de fóra de Galicia, que son quen de meterse entre peito e costas centos de quilómetros para gozar sobre o escenario, como é o caso de Los del Río, que esta noite estarán connosco para animarmos a bailar por enésima vez a mundialmente famosa "Macarena".
E ao lado deles moitas caras ben coñecidas das nosas verbenas como a cantante Fátima Pego, unha das voces máis cotizadas do noso País e que actualmente forma parte da "Panorama" que, por certo, fora a primeira gran orquestra en anunciar a suspensión da xira 2020 con practicamente todas as actuacións xa contratadas. E Fátima, que non para quieta nin cando durme, reinvéntase a cada instante e non deixa de aparecer nas redes sociais colaborando en todo canto lle piden, cantando en grupo, en solitario ou formando dúo con "DJ Sonic", como hoxe tamén poderemos comprobar no programa. E o público da casa segue demostrando que ten ganas de levantar a "paletilla" coa súa música, proba delo son os liderazgos de audiencia que cada sábado estamos acadando gracias aos espectadores neste verán tan atípico, no que tratamos de contaxiar desde a pantalla do televisor ese espírito festeiro que o noso pobo sempre tivo, aínda nas peores circunstancias.
Estou escribindo isto desde a costa galega, onde estes días baixaron bastante as temperaturas, cousa que agradecerán a bo seguro nas zonas máis castigadas polos malditos incendios e os amigos e amigas que "agostean" en Ourense, aos que lle fago unha recomendación visto o visto o pasado domingo cando eu me dirixía a Allariz a xantar coa familia; cruceime con centos de coches con destino seguramente aos areais de Samil ou Praia América, e dábanme ganas de alternar as luces do coche, como cando se quere avisar de que algo malo ocorre, para advertirlles de que a partir de Ponteareas a néboa era tan pechada que nas praias máis que moreno ían pillar un bó arrefriado; e lembrarlle que nestes tempos de tanta tecnoloxía, basta con ir ás cámaras web da CRTVG e comprobar a través da que está instalada no alto do Hotel Bahía de Vigo que nin se ve Cangas, nin Moaña, nin sequera os barcos atracados no Club Náutico. Cando volvía á noitiña cara Vigo, a procesión de coches ía en sentido contrario, claro, podendo imaxinar o cabreo que se respiraba en cada un deles, nos que se irían preguntando se estaba todo confabulado para que ademáis das praias parceladas e con máscara obrigatoria, tamén ía incluído no "pack" domingueiro unha boa dose de néboa para amargarlles aínda máis a existencia. Cando é así nada mellor que relaxarse e poñer no reproductor de música uns grandes éxitos de "Los Satélites".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESTUDIO CLÍNICO
Estudian la relación entre el riesgo vascular y la demencia
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 22 de diciembre
Lo último