O Nadal tamén chega ó plató de "Estache Bo!”

undefined
photo_camera Xoanqui Ameixeiras, o ciruxán Diego González, e Rafa Durán, preparados para sorprender co menú de Nadal.
O exitoso programa de cociña “Estache Bo!”, con Xoanqui Ameixeiras, que cada día ofrece sinxelas receitas de cociña na TVG, ofrecerá dous especiais de Nadal con coñecidos convidados, en horario de máxima audiencia.

Cada día, de luns a venres, Xoanqui Ameixeiras enche as pantallas de receitas e sabores dende o plató de “Estache Bo!”, cociñando os produtos que o seu reporteiro recadeiro, Rafa Durán, busca por Galicia adiante. O éxito deste programa de La Región TV, que se emite antes do informativo de noite da TVG, é tal que se converteu no programa favorito de cociña dos galegos, e o de máis audiencia da canle autonómica despois dos informativos.

Aproveitando estas datas de Nadal, “Estache Bo!” vai tratar de sorprender de novo os espectadores e Xoanqui Ameixeiras non vai estar só fronte os fogóns, senón que terá unhos axudantes moi especiais, comenzando polo propio Rafa Durán, que nesta ocasión non lle levará únicamente ingredientes, senón que tamén amosará as súas dotes na cociña. 

bo2_resultado

O espazo contará tamén coa actriz Lucía Veiga, un dos rostros máis populares do “Malicia Noticias”, que visitará a cociña o día 20 de decembro ás 22,30 horas, mentres que o cirurxián torácico Diego González, creador dunha técnica revolucionaria para operar o cancro de pulmón, chegará o 30 de decembro tamén ás 22,00.

Lucía e Diego terán que atar ben o mandil e poñerse ás ordes do chef para elaborar un menú completo, inspirado nas súas tradicións familiares e nos seus gustos. Tamén compartirán lembranzas de cando eran cativos, contarán como pasan o Nadal nas súas casas e responderán as preguntas de Xoanqui e Rafa, que permitirán coñecer moito mellor ás persoas que se agochan detrás dos persoeiros. Ademais, ambos recibirán sorpresas de amigos e familiares e deberán enfrontarse aos retos culinarios que lles teñen reservados os anfitrións.

Desta maneira, os espectadores do programa poderán divertirse ao mesmo tempo que apuntan ideas para as súas ceas de Noiteboa e Fin de Ano. Como sempre no “Estache Bo!”, con receitas accesibles e listas para comer no chisco dun ollo.

bol_3_resultado

Te puede interesar