Pepe Velo: Franco e Maduro no espello

CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE

O visionado da toma de posesión de Nicolás Maduro no salón elíptico do palacio da Asemblea Nacional, onde fixo referencia explícita ó “Negro Primero”, o escravo heroe da batalla de Carabobo que se despediu do seu superior cunha frase que forma parte da memoria de Venezuela -“¡Mi general, vengo a decirle adiós porque estoy muerto!”-, tróuxome á memoria ó exiliado ourensán Pepe Velo, quen fuxiu da España franquista cara o país caribeño para sortear a morte e á procura dunha liberdade que nunca saboreou de todo.

Bóveda do salón elíptico da Asemblea Nacional de Venezuela, co “Negro Primero” -de vermello- na batalla de Carabobo.
Bóveda do salón elíptico da Asemblea Nacional de Venezuela, co “Negro Primero” -de vermello- na batalla de Carabobo.

Non é a primeira vez que me fago eco desta sentencia vital exhortada por Pepe Velo o 9 de outubro de 1948, denantes de pousar os pés no aeródromo de Maiquetía (Venezuela), fuxido dunha represión da que xa tiña sido vítima e á que se volvería ver inexorablemente abocado de ter quedado en Vigo onde daquela vivía coa súa dona Jovita e os seus tres fillos, Lino, Víctor e Manuela.

“Acabo de salir para el exilio -deixou escrito-. Nada traigo conmigo. Una maleta vacía, cinco dólares, muchas esperanzas arruinadas, pero sobre todo la vocación millonaria de paz y libertadad que nos prohíbe hacernos viejos”.

Mal pensaba naquel intre o idealista Velo que os pasos do destino non lle ían proporcionar moitos intres de satisfacción libertaria.

Fuxía, como queda dito, dun estado de represión que xa lle amosara o acedo fedor da cadea e as húmidas paredes dunha covacha na que estivo varios meses agochado denantes de cruzar a fronteira portuguesa, e fixérao gracias a un pasapote de emerxencia que lle estenderan en Lisboa por intermediación do primeiro presidente democrático de Venezuela e seu amigo, Rómulo Gallegos, e tan só un mes e medio despois de ter tomado terra en Caracas, de novo a sufocante capa dos militares caía coma unha lousa sobre a súa propia vida e sobre a súa conciencia.

Cando a ditadura franquista cumpría 25 anos, o exiliado galeguista Pepe Velo escribiu un ensaio inédito titulado ¡Muera España! ¡Viva Hespaña!, no que, ó analizar aquela España de 1961, fixo presaxio do sino ó que se enfronta agora Venezuela

Algo máis dunha ducia de anos despois daqueles primeiros días e non sen ter protagonizado no introito unha longa xeira de episodios transcedentes que deixaría impresos na máxima de “queimeime, acaso fulgurantemente, en conversas cheas de vida e de maxinación, en perigosas clandestinidades por onde queira que me encontrei e nalgunhas accións brilantemente concebidas, medianamente desenvoltas, mal acompañadas e melancolicamente finadas”, Velo bota man da trituradora dos feitos idos e reflexiona, non só arredor de por que as ditaduras son quen de se manteren no tempo, senón tamén sobre a quen se debe a responsabilidade desa mantenza, se ó exilio exterior ou ó interior que tales ditaduras provocan.

Neste sentido escribe Velo, “el exilio es la resultante de aquella guerra, de la ferocísima guerra que el franquismo declaró a cuanto había y hay de humano en nuestros pueblos. Aquella guerra dio el más poblado exilio de nuestra historia. Exilio multitudinario, político, científico, cultural, artístico, obrero. Exilio total. Unid a esto la mano de obra de cinco millones de emigrantes que, quiérase o no, son exiliados por el estado de pura necesidad a que nos arrastra el régimen de la mano dura. Pero el exilio es esencialmente político, sea cual sea el desenlace, y al exilio vinieron los dirigentes políticos y los jefes militares de la República”.

E máis adiante continúa que “partiendo de la verdad de que el nuevo orden de Franco anda ya por los 25 años (o chavismo bolivariano leva xa outros tantos), sabiendo que el mediocre caudillo reina sobre el pueblo inferior y no cede un ápice en su bien acreditada inferioridad, hemos de convenir que si ese orden no ha sido alterado por nosotros, los exiliados, que nos arrogamos la dirección de la lucha, no hay más remedio que atribuirlo a una de estas tres razones: no queremos alterarlo, no podemos alterarlo o no sabemos alterarlo”

A consecuencia á que chega Velo, produto desta reflexión, é que, tendo como primeira condición o feito de que o pobo non quere “ni al gobierno ni al régimen”, só hai dúas vías para derrocalo: “la conspirativa por el golpe insurreccional y la de la organización conspirativa de las masas”.

O papel dos partidos políticos e a posibilidade certa de que Franco puidese morrer de vello

Aínda que na súa reflexión Velo carga en parte a resistencia do franquisto ó longo dos anos na inacción dos que, coma el, se viron condenados ó exilio, a súa máis aceda crítica fíxaa na inacción práctica dos partidos políticos.

“El interior lo ha esperado todo del exilio -di-, mas no lo culpemos porque nunca en la vida se había dado el caso de que todos los dirigentes políticos se vieran forzados a abandonar su patria”, posto que “los que no pudieron salir fueron fusilados y los que no fueron fusilados, hechos prisioneros hasta la muerte o hasta la total incapacidad para tales menesteres”.

Velo no segundo exilio, en Brasil.
Velo no segundo exilio, en Brasil.

E para que o contexto quedase definitivamente claro, indica que “decapitada la oposición, sembrado el pánico con saña terrorífica, harto hizo el pueblo conservando su fe, atareado como estaba en aliviar el infortunio de los presidios abarrotados y bien dispuesto a secundar lo que nunca llegaría”.

En resumo -remata-, “si Franco sigue detentando el poder será porque no queremos derrocarlo o porque, sabiendo como hacerlo, aún no sabemos cuando”, depositando a esperanza do remate do franquismo en “la euforia partidaria, que se apagaba y encendía según los vientos, llegando a aliarse melancólicamente con la patología, y tiempos hubo en que Franco iba a ser derribado por una atrevida miocarditis, una escandalosa prostatitis, una fulminante trombosis de coronarias, un insidioso cáncer...”. A iso -di Velo- “se le ha llamado esperanza”, aínda que non sempre era a mesma “porque Franco, aún, podía morirse de viejo”.

Pasaporte que lle foi expedido en Lisboa.
Pasaporte que lle foi expedido en Lisboa.

E neste contexto conclúe, inexorable, en que “mientras Franco le siguió declarando la guerra a nuestros pueblos, los partidos le venían declarando la paz a Franco”, recoñecendo de seguido que, se ben ó longo do tempo houbo algunas iniciativas, “es necesario que esas acciones atenten realmente contra la estabilidad del dictador”, pois “no son lucha antifranquista las ingenuas actividades que movilizan en datas aniversarias a unos cuantos comensales alrededor de un cocido”.

Velo morreu en São Paulo o 31 de xaneiro de 1972. Faltaban aínda 27 anos para que Hugo Chávez comezara a construír o espello protofranquista que Velo denuncia no seu ensaio predictivo e Maduro impunemente desfruta dende esta mesma semana.n

Contenido patrocinado

stats