O vídeo viral dunha nena e Siri: "Porque eu falo en galego, sabes?"

A conversa entre unha nena galega e Siri viralizouse nas redes sociais nas últimas horas

O vídeo dunha nena de tres anos falando con Siri viralizouse nas redes sociais nas últimas horas. A protagonista, Moraima, conversa en galego con Siri, o asistente persoal de Apple, a quen lle pide que lle axude a recoller os xoguetes.

Ante isto, Siri dille á nena "creo que no te entiendo", ao que Moraima responde con "Porque eu falo en galego, sabes Siri?".
 

A resposta da nena viralizouse nas redes sociais nas últimas horas, conquistando a miles de usuarios, que reivindican o uso do galego en tecnoloxías como Apple ou Siri.

Te puede interesar