Sara Inés Vega Núñez: "Síntome orgullosa de que a xente presuma de ser de Castro Caldelas"
Entrevista a Sara Inés Vega Núñez, alcaldesa de Castro Caldelas
Sara Inés Vega Núñez, monfortina afincada en Castro Caldelas desde que casou, leva más dun cuarto de século na política, e máis de nove anos como alcaldesa. Presume de vivir nun concello cargado de historia, resaltando o seu desexo de seguir poñendo en valor os recursos propios como o agrogandeiro, a viticultura ou o turismo.
Como se presentan esta novas eleccións?
Tras o que pasou, veste coa responsabilidade de defender a democracia, e para iso unha ten que dar exemplo. Non facían máis que preguntarme “que pasa co meu voto”, romper a cadena de custodia non debería haber ocurrido nunca e a min estanme metendo nun bucle que non me corresponde. Penso que tras deixar nun despacho aberto durante 7 días os votos por correo, eses serían os que había que repetir, pero a consecuencia foi repetir elección. Non hai campaña electoral, o censo electoral é o mesmo que había, pero e o censo que faleceu quen o suple? e o censo que se incorpora?.
A oposición, como foi nesta lexislatura?
Eu creo que a oposición ten que desenvolver a súa labor. Eu non tiven problema ningún para traballar con eles nestes catro anos. En canto as súas propostas non tiven moitas, máis alá que algunha que mandan do partido desde arriba. Traballei cómodamente, pero agradécese a colaboración e que si algo non está ben cho digan onde hai que decilo e chegar a acordos.
Fáleme das arcas municipais.
En moi pouco tempo a deuda que había cubrina, estamos en deuda cero, temos un remantente que ronda un millón de euros, e un presuposto moi saneado, con bastante mais do doble co que eu empecei, que foron 1.128.000 euros e vou en 2.500.000 euros.
Nesta lexislatura, que proxectos destacaría?
Houbo proxectos moi potentes, como a feira de gando e a apertura do centro de desinfección. Tempo de moitos papeleos ata conseguir celebrar esta feira, que é a primeira na provincia. Outro proxecto foi a obra da avenida de Ourense, que levabamos tras dela desde a época do meu antecesor, ou a primeira fase do arranxo do centro de saúde, tendo xa a segunda preparada. O proxecto, sen dúbida, desta lexislatura, que se plasmará na seguinte, é o da Área Recreativa da Ponte das Tablas, que ten unha execución de oito meses.
Como sería a nova lexislatura?
Será una continuidade de moitos dos proxectos que xa temos encamiñados. Pódese decir que con máis tranquilidade. Nós procuramos ter a punto sempre uns 8 ou 10 proxectos e traballar neles. Eu o outro día estiven ca ministra e lle levei o proxecto do solo industrial, sempre temos proxectos preparados.
En canto ao turismo
O punto de enfoque noso é respectuoso co ambiente e a paisaxe, téndoo totalmente limpo. Ten que ter un custo cando o fas e despois un mantemento mínimo. O centro trail ten grupos constantemente e iso supón que ten que estar a punto e son moitos kilómetros. O turismo temos a meta de deslocalizalo, ter un turismo de calidade e non morrer de éxito.
E ao sector agrogandeiro?
O mundo gandeiro e o agrícola son grandes motores económicos de Caldelas. A maioría dos gandeiros xa non baixan de 80 vacas e hai que seguir apoiándoos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ARTE ET ALIA
Tono Arias en Sabucedo, na rapa das bestas
Fernando Jáuregui
Esto es algo parecido a un elogio a Pedro Sánchez
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 2 de marzo
Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
La victoria (o quizá cesión) de la UEFA