AMENAZA CON UNA NAVAJA
Lanza una calabaza a la luna del coche de su pareja tras una discusión en Ourense
Universidad
A formación ao longo da vida, a reciclaxe de coñecementos, as habilidades transversais… Nos novos escenarios educativos e laborais, unha titulación universitaria non é suficiente, polo que é preciso que as persoas traballadoras adapten os seus coñecementos ás necesidades da contorna ao longo de toda a súa vida profesional. Nese contexto, as universidades teñen un papel fundamental a través da ofertan dunha formación complementaria “ao longo da vida” que, no caso da Universidade de Vigo, se articula baixo un único paraugas: a Escola Aberta de Formación Permanente (EAFP).
Para o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, a Escola Aberta de Formación Permanente é “unha fiestra aberta ao futuro”, xa que, nunha contorna “cambiante, con tecnoloxías cada vez máis complexas, cun mercado de traballo tamén moi cambiante, precisamos acompañar os nosos egresados e egresadas ao longo de toda a súa vida”. Deste xeito, a EAFP xestiona toda a oferta de estudos propios da Universidade de Vigo vinculados ás necesidades e ás demandas da sociedade, complementando os estudos oficiais, deseñando programas educativos que favorezan a empregabilidade, a reciclaxe e a promoción profesional das persoas traballadoras e xerando convenios de formación con empresas ou institucións externas. Tamén entran nesta estrutura os programas de formación do persoal docente da institución, que se viñan desenvolvendo a través da Área de Formación e Innovación Educativa, e o Programa Universitario de Maiores.
Segundo María José Moure, directora da Escola Aberta de Formación Permanente, a formación continua é clave debido aos cambios derivados da transformación dixital, da transición verde e das novas estratexias na busca de emprego. Neste contexto, a EAFP nace como “unha ligazón entre os axentes que demandan esa formación continua, tanto persoas como empresas ou asociacións, e a Universidade de Vigo”, explica Moure. A escola caracterízase por ofertar unha formación aberta, flexible, colaborativa e en constante contacto coa contorna. O carácter aberto débese a que está destinada tanto a persoas que non forman parte do eido universitario (estudantes sénior, empresas que queren actualizar os coñecementos do seu persoal ou traballadores que queren mellorar a súa traxectoria profesional), como ao estudantado actual que queira completar o seu currículo, así como ao persoal da UVigo que precise actualizar as súas competencias.
A formación é progresiva e ofértanse diferentes tipos de títulos: de posgrao para persoas que conten cunha titulación universitaria e outro tipo de programas para persoas sen titulación superior. Así, dentro da oferta da EAFP inclúense títulos de experto e de especialista, que ofrecen unha formación máis avanzada, e mestrados propios, que equivalen ao nivel de coñecemento dun mestrado universitario e cos mesmos requirimentos, pero sen acceso ao doutoramento. A eles súmanse os cursos de formación e de innovación educativa para o persoal docente e investigador, os MOOC ou o Programa para Maiores.
Aposta polos mestrados propios
Unha das propostas estratéxicas dentro da Escola Aberta de Formación Permanente son os mestrados propios, un tipo de titulación cada vez máis presente nas universidades, pero que a UVigo aínda non oferta. O reitor, Manuel Reigosa, considera que “é unha visión de futuro importante”, xa que non é unha formación estrutural, senón que responde a unha “necesidade concreta” nun tempo determinado. Como consecuencia, “organízase máis rápido que un mestrado oficial” e permanece na oferta mentres existe esa demanda, o que permite que a oferta deste tipo de títulos mude conforme o fan as necesidades formativas da contorna.
Dun mestrado propio poderase cursar unha parte para obter o título de experto; con dous títulos de experto adquírese o de especialista e, á súa vez, con dous de especialista obterase o de mestrado. Outra aposta é a formación en liña para saír da contorna xeográfica da UVigo e poder chegar a outros espazos educativos como Europa ou América Latina. A EAFP dispón de ferramentas de teledocencia da institución que facilitan a virtualización das clases.
Flexibilidade, opcións de balde e cursos xa listos
Outra das características desta nova escola da Universidade de Vigo é a flexibilidade, de xeito que cada estudante decide que quere estudar, dependendo do tempo, dos intereses ou da capacidade económica. Ademais, existe unha formación gratuita e masiva a través dos cursos MOOC, abertos e sen restriccións de admisión.
Máis alá desta formación de balde, na web da escola xa se poden consultar os títulos propios que se están a ofertar, como por exemplo os de especialista en Tradución para a industria do videoxogo, en Electrónica para compoñentes de automoción, en Auditoría e contabilidade ou en Innovación educativa para unha educación transformadora no ámbito escolar e comunitario.
No se quese refire á formación e á innovación educativa para o persoal docente e investigador, na web tamén están colgadas todas as formacións. Respecto aos cursos de innovación educativa, Moure explica que ante a alta demanda deste tipo de formación entre docentes alleos á Universidade de Vigo, a idea é “continuar e ampliar” a oferta apostando pola formación en liña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AMENAZA CON UNA NAVAJA
Lanza una calabaza a la luna del coche de su pareja tras una discusión en Ourense
Lo último
ESPAÑOLES EN EL EXTERIOR
La Junta Electoral acata al Supremo y revisará quién puede votar con la “ley de nietos”
INCORPORA COLOR Y ESTILO URBANO
Galería | Todos los diseños presentados por Adolfo Domínguez en su regreso a la Fashion Week, en fotos