O novo ecocardiógrafo instalado en Valdeorras permitirá evitar traslados para realizar probas

Desde a xerencia do distrito e da Área Sanitaria, trabállase en novas iniciativas que permitan acelerar a recuperación da actividade afectada pola pandemia

O novo ecocardiógrafo instalado en Valdeorras permitirá evitar traslados para realizar probas. Dotado de tres sondas e unha nova aplicación pode realizar probas cardiolóxicas para pacientes oncolóxicos -sen necesidade de traslados- ademais de estudos de mama, xinecolóxicos e de seguemento do embarazo

Esta mesma semana os técnicos de electromedicina deixaban instalado e operativo o novo ecocardiógrafo que permitirá realizar algunhas das probas cardiolóxicas que se indican aos pacientes oncolóxicos, a tratamento directamente no Hospital Público de Valdeorras, polo que a partir de agora xa non terán que desprazarse desde O Barco.

Xunto a esta importante función o novo equipo está dotado dunha aplicación de última tecnoloxía e tres sondas, para a realización de estudios de mama, complementando as mamografías, probas xinecolóxicas e tamén de seguemento do embarazo.

Estes equipos forman parte dunha relevante dotación tecnolóxica do Hospital Público de Valdeorras, na liña de potenciar a sobrada capacidade resolutiva do seu persoal e autonomía, que o levou a ser un dos centros hospitalarios de distrito que asumíu, con calidade e efectividade, a maior presión asistencial da primeira onda da pandemia na que todavía estamos inmersos.

Nesta liña, ademais deste equipo de imaxe, o Hospital Público de Valdeorras xa dispón do novo equipamento radio-cirúrxico, para uso intraoperatorio, instalado no quirófano. Igualmente, desde a Consellería de Sanidade trabállase na adquisición de dous novos ecógrafos, para dar servizo aos servizos de urxencias e radioloxía , coa previsión dun novo TAC, nos Orzamentos da Xunta de Galicia para 2022. Todo sumado a modernización do equipamento de farmacia e da dixitalización da sala de radioloxía.

Este será o ano tamén da esperada renovación e modernización de todas as camas do hospital, licitación que se efectuará antes do remate deste mesmo ano, polo que agardase que o novo mobiliario poda estar xa instalado a comenzos do ano que está as portas.

Cuarto xinecólogo e novos cirurxáns

Na liña do compromiso da Xunta de Galicia coa capacidade resolutiva e autonomía asistencial que reafirmou, onte mesmo no Barco de Valdeorras, o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Hoxe mesmo contratouse a un cuarto xinecólogo que se suma así aos dous novos cirurxáns que se incorporaron os pasados días.

Igualmente, desde a xerencia do distrito e da Área Sanitaria, trabállase en novas iniciativas que permitan acelerar a recuperación da actividade afectada pola pandemia, asi como pola falla puntual de determinados especialistas, incidencias que non son privativas deste hospital, senón que reflicten a fluctuación na demanda de determinadas especialidades, e que grazas á organización como Área Sanitaria se poden cubrir con garantías e coa coordinación dos profesionais da rede.

Asi, e pese a reiteración nos últimos días no sentido contrario, a realidade que pese ás dificultades noutros periodos para completar vacantes, no Hospital Público de Valdeorras servizos como Hematoloxía, Oftalmoloxía, Otorrinolarongoloxía, Psiquiatría, Psicoloxía ou Microbioloxía, por citar algunhas das que se mencionaban, están ao 100% subliñando que dispoñen de tres anestesistas e que os próximos días pasarán a catro.

Igualmente púxose en marcha a Unidade de Hospitalización a Domicilio, para o que se contratou a un médico, especialista en xeriatría, cunha de enfermeria a tempo completo. Igualmente, o persoal de enfermería tamén se incrementou cunha enfermeira especialista, no marco do Plan Galego de Saúde Mental.

Ademais do Hospital, todos os Centros de Saúde deste distrito teñen optimamente cubertas -cunha das mellores ratios de Galicia- as prazas de facultativos. Asemade, tanto o Servizo de Urxencias como os Puntos de Atención Continuada deste distrito sanitario (Viana, Barco, Trives) teñen os tempos mais curtos de atención de toda a rede Sergas.

Convén lembrar que continuamos inmersos nunha pandemia mundial que, pese a súa intensidade, non superou a capacidade asistencial de ningún hospital público galego nin ourensán, nin demorou operacións urxentes ou prioritarias, como as oncolóxicas.

Te puede interesar