A súa construcción supuxo un investimento de máis de 41.000 euros

Un punto limpo reciclará os residuos do hospital

Marisa González, María Jesús Magadán y Benedicto Raposo en el punto limpio. (Foto: Luis Blanco)
O Hospital de Valdeorras conta desde onte cun novo Punto Limpo que centraliza o almacenamento temporal dos distintos tipos de residuos xerados neste centro hospitalario que, tan só en 2009, superaron as 333 toneladas.
A directora xerente do centro, María Jesús Magadán, fixo un percorrido polas novas instalacións que compoñen á area do punto limpo, dividida en varios compartimentos e almacéns con espazos delimitados segundo a súa clasificación, papel e cartón, residuos urbanos e asimilables a urbanos, e outros para residuos mais específicos como material biosanitario, residuos químicos e pilas.

Para a creación dos novos espazos, dacordo coa normativa europea de xestión de residuos, o hospital investíu 41.838 euros que permitiron construir un área cuberta, con acabados exteriores similares ós do hospital, distribuida en distintas estanzas ben dotadas, nas que se dispón de cámara de frío, máquinas de compactado e corte de papel e cartón, básculas, portas mecanizadas, instalacións para a recollida de verquidos e cubeteiros de acero inoxidable.

Todos os residuos xerados no hospital son recollidos polos servizos de limpeza, e almacenados temporalmente na área correspondente, e nos seus contenedores específicos, segundo a clasificación da vixente normativa de xestión de residuos sanitarios. Na área de almacenaxe de papel e cartón, o hospital dispón agora dunha área de tratamento de papel reciclado, corte e compactado en paquetes de 25 kilogramos, volume que facilita o seu manexo e ahorro de espazo na súa almacenaxe temporal. Asemade o do Barco é un dos poucos que conta cunha sala climatizada para a conservación temporal dos residuos biosanitarios.

Te puede interesar