Erundina

 (Foto: Xoán Baltar)
Erundina namorouse do fillo do señor da casa, algo que lle fixo derramar moitas bagoas e pasar moitas noites sen durmir, porque ela era unha criada.
Nesta familia eran catro homes e dúas mulleres. A maior aínda axudaba na casa, e outra traballaba en teléfonos; os rapaces, un na Renfe, outro en vías e portos, e o pequeno aínda ía a escola; eu tiña catorce anos e o da miña idade, que era o que traballaba na Renfe, gustáballe o bacallau con garavanzos e sempre, cando chegaba e entraba pola porta, facía a mesma pregunta: que Erundina hay ou non hay bacallau con garavanzos?., e ensinoume todas as rúas principais de Vigo e anos máis tarde, cando eu xa traballaba con outra señora que me pagaba máis pero eu traballaba máis a desgusto, porque era mala como un raio... ao que ía, que, o fillo do señor e eu, aínda botamos un baile en Teis; moito nos ríamos, eramos dúas criaturas namoriscadas, pero eu era unha criada.

Moito chorei naquela casa, moitas noites sen durmir.

O seu pai, o señor da casa, petaba na portas das criadas de noite para que o deixaran entrar a facer unha necesidade. Era 1934 daquela salveime, non che digo nada cando a guerra.

Te puede interesar