PORTADA DEL SUPLEMENTO VIDA
Taboadela, onde a vida se fai teatro
Vén de acadar o segundo premio no certame Xuventude Crea na categoría de Videocreación con “Retratos do silencio”. En que consistiu a súa proposta?
Tratase dunha curta que fala do despoboamento do rural, pero a mín gústame decir que fala de “habitar a ausencia”.
Fermosa frase… como xurdiu esta idea?
Vén dunha preocupación máis política que de estar buscando algo concretamente así. Marcoume a miña relación persoal coa aldea, de feito, na curta a narración que está detrás falo da miña tía Isabel e de como cando ela morreu, os curmáns xuntámonos menos alí e imos menos alí.
De que aldea nos fala?
De Escornabois, en Trasmiras. Aldea materna.
Que lembranzas ten entón desa aldea antes e como é agora?
Nestes 24 anos que eu teño tampouco é que dera para un cambio sustancial. Si é verdade que falta cada vez máis xente. Pero o que me fixo darme conta foi o vivilo na miña propia experiencia. O de xuntarnos menos, marchar fóra e volvemos cada vez menos…
Volvendo á curta, como foi o proceso de traballo?
Tiven a miña nai de chófer (risas) por unha manchea de aldeas de Ourense e ía un pouco á búsqueda de espazos que me dixesen algo. Que me transmitisen o que buscaba contar. Atenta a todo aquilo que me puidese chamar a atención.
Sen ningún mapa previo?
A primeira viaxe era de “carretera e manta”, facer camiño. Unha vez visto, si que xa definín lugares concretos para comezar a desenrolar o traballo.
Supoño que terá moitos recordos e anécdotas, sobre todo, cos escasos veciños que se debeu atopar neses lugares.
Facíame graza ver como á xente, cando estaba gravando, resultáballe tan curioso verme. Para eles non tiña interese nin lle daban valor ao que tiñan.
E unha vez rematada, presentouna ao certame de Xuventude Crea.
Bueno… á última hora. Xurdiu como un traballo para unha asignatura da carreira de Belas Artes que curso en Salamanca. E case obrigada por dúas mestras. Mandei un pen por correo, e se che digo que non sabía nin se entrara a concurso case que ata que me comunicaron que era finalista…
Pois saiu ben!
E tanto! Quedei segunda tras Juan Rodríguez, de Gondomar, co seu traballo “Corpo, espazo e tempo”, e diante de Rocío Campoy, de Vigo, con “Emocións en espiral”.
Que supón haber sido finalista neste certame?
O segundo premio son 1.500 euros que, como artista invertirei no seguinte traballo (risas). E, sobre todo, a nivel visibilidade, difusión e un bo purrón para seguir adiante ao recoñecer que estou facendo ben as cousas.
Pensa entón xa no seu seguinte traballo?
Penso (risas). De feito estou xa coas casa deshabitadas. Estou traballando sobre iso no máster.
Dende o rural é vostede tamén dinamizadora do rural a través da participación en diferentes iniciativas.
Estiven na Civitas Limicorum, estamos co colectivo “Ras” co que buscamos colectividade a través de iniciativas como xuntanzas ou as Olimpiadas Rurais que tiveron moi boa aceptación. Nelas os centos de participantes fixeron deporte popular e tentamos promover a cultura galega mediante xogos tradicionais, para que non queden no esquecemento de xeración en xeración. E rematamos, como boa festa galega, con foliada. É isto é moi importante. Non é só ensinar o rural. Tamén hai que implicarse.
E de cara a novos proxectos.
De momento estou a tope co máster. Si que hai algunhas asignaturas nas que hai que facer obra. Así que estou en dúas. Unha audiovisual e outra que é instalativa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último