Reforestación con especies autóctonas
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Serra do Xurés, e a Asociación Ecoloxista Verdegaia organizaron unha xornada de deseucaliptización do monte veciñal de Río Caldo, ademais dunha visita guiada pola Vía Nova, unha ruta milenaria que comunicaba Braga con Astorga.
A brigada deseucaliptizadora actuou sobre dúas parcelas próximas de 2 e 3 hectares respectivamente, retirando eucaliptos de rebrote e descascando tocóns, para posteriormente reforestar con frondosas nativas.
Despois do albaroque remataron cunha visita aos xacementos romanos Aquis Ogeresibus e Mutatio das Mouruás, guiadas polo arqueólogo director das excavacións, David Pérez.
Visita guiada por Davide Bande na Mutatio das Mouruás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Xosé González Martínez
Premios Peña Novo aos compromisos coa lingua
Itinerario internacional
A Unión Musical de Allariz xira por Italia
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 25 de junio