Os segredos da compostaxe doméstica

Jorge Pumar cos veciños de Reza.
photo_camera Jorge Pumar cos veciños de Reza.
Unha iniciativa impulsada pola Agrupación Miño, que integra as Asociacións Veciñais do rural e periferia, en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente e Sogama permitiu formar sobre compostaxe doméstica a veciñas e veciños.

As xornadas formativas tiveron lugar nos centros sociais de Rabo de Galo, Reza, Vistahermosa, Souto Sanín e no proio da Agrupación Miño. Un técnico de Sogama formou sobre a montaxe e uso dos composteiros e cada participantes levou un para por na casa. Esta actividades contou cunha ampla participación e gran interese pola formación sobre a  compostaxe e a correcta xestión dos residuos.

Te puede interesar