XORNAL ESCOLAR

Asesoramiento ás familias

Reportaje Xornal Escolar CEIP Bibei en Viana do Bolo
2-12-15
photo_camera El CEIP BIBEI de Viana do Bolo.

No CEIP BIBEI De Viana Do Bolo promoven a creación da Escola de Familia co fin de ofrecer aos pais e nais un espazo de reflexión e intercambio de experiencias educativas

Cales son as directrices nas que traballa a dirección do centro?

Neste momento, a Dirección do centro promove a creación da Escola de Familia, co fin de ofrecer aos pais e nais un espazo de reflexión e intercambio de experiencias educativas. Ademais, estase a realizar a actualización dos documentos de organización pedagóxica do centro, para adecualos á Lomce, así como a unificación de criterios metodolóxicos para mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe no centro.

Podemos falar de aumento de matrícula?

Sí. A tendencia actual é de aumento, xa que están escolarizándose nenos/as en distintos cursos de Infantil e Primaria de familias que retornan á vila. En Infantil perdimos unha unidade no pasado curso, pero pensamos que a podemos recuperar neste curso polo número de nenos e nenas de 3 anos que se van matricular no centro para o vindeiro curso.

Con que instalacións conta o Ceip Bibei de Viana do Bolo?

O CEIP “Bibei” de Viana do Bolo conta con tres aulas de infantil, seis aulas de primaria, unha aula de PT, unha aula de AL,  catro aulas de titoría, aula de Inglés, aula de Música, aula de Informática, aula de Audiovisuais, aula de Relixión, ximnasio, biblioteca-salón de actos, cociña, comedor e patio de recreo (con dúas zonas cubertas).

En que proxectos participa o centro educativo?

O centro participa nos seguintes Plans ou Programas: 
No Plan Proxecta, no que está incluído o Programa Xogade, no Plan de Formación do Profesorado, no Plan de Mellora de Biblioteca Escolar, en Contratos-Programa para a mellora do Éxito Escolar, no que están incluídas tres actuacións: Plan Proa, Mellora das competencias clave e Mellora do nivel de  coñecementos para acadar a excelencia, tamén no Plan Abalar, en 5º e 6º de primaria, no Plan TICs: elaboración de códigos QR, RA (Realidade Aumentada), uso de tabletas Smartphone en infantil, destacar tamén o Plan de formación de hábitos de vida saudables.

O Ceip Bibei é un colexio moi dinámico, en que concursos participan os alumnos?

Os alumnso/as participan en distintos concursos ofertados desde distintos organismos ou desde o propio centro: concursos literarios, concursos de debuxo e concursos musicais.

Que actividades se levaran a cabo proximamente na biblioteca do centro?

Dende a Biblioteca levaranse a cabo actividades variadas para mellorar distintas competencias no alumnado, entre as que destacan:

O Proxecto integrado de centro: “Viaxamos polo mundo”, Eventos e conmemoracións lectivas: Samaín, Día do Libro, Día das Bibliotecas, Día dos Dereitos do Neno, Día da Paz, Día das Letras Galegas… Contos viaxeiros, Exposicións, Edición de materiais, Elaboración de carteis e murais e a Formación de usuarios.

En que están a traballar os alumnos para conmemorar o Nadal?

Os alumnos/as están confeccionando a postal de Nadal para a súa exposición no centro. As postais gañadoras servirán para felicitar ás familias, outros centros e a Administración educativa. Ademais, están ensaiando distintas representacións teatrais e musicais para celebrar esta festividade o día 17 de decembro.

Que programas oferta o centro para responder ás necesidades específicas de apoio educativo dos alumnos?

Varios alumnos/as con Neae do centro solicitan as axudas MEC, recibindo apoio pedagóxico ou da linguaxe por parte de psicólogos ou psicopadagogos.  Outros alumnos/as participan no Programa da Cruz Vermella, co fin de paliar algunhas necesidades de estudo e material.  

Que actividades extrescolares se levan a cabo no centro educativo?

As principais actividades extraescolares que se levan a cabo no centro son: Fútbol, Guitarra, Gaita, Informática, Manualidades, Ioga, Baile, Biblioteca e Inglés. 

MESTRES DO CENTRO


Reportaje Xornal Escolar CEIP Bibei en Viana do Bolo2-12-15DirectoraA directora, Mª Francisca Rodríguez

Leva 14 anos no centro educativo de Viana do Bolo. Exerce a función da dirección do CEIP Bibei dende hai 2 anos. Compaxina a dirección do centro coa de xefa do Departamento de Orientación.

Titora de Educación Infantil, Mª Pilar García Segura

Mestra en 5º e 6º de educación Infantil e Dinamizadora das TICs. Neste curso incorpora o uso das tabletas na súa aula no Ceip de Viana do Bolo.

Mestre de Educación Física, José Joaquín García Saco

Mestre especialista de Educación Física e Coordinador do Programa Xogade.que fomenta o deporte educativo e saudable desde as idades máis temperás.

Mestra de PT, Rosa María Losada Rodríguez

Mestra de Educación Primaria e Dinamizadora de Convivencia coa finalidade de mellorar as relacións entre o alumnado do Ceip Bibei de Viana do Bolo.

Reportaje Xornal Escolar CEIP Bibei en Viana do Bolo2-12-15ProfesoresRosa Losada

Mestra de PT, Rosa María Losada Rodríguez

Especialista de Pedagoxía Terapéutica e Coordinadora do Plan Proxecta dirixido a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos.

Titora de 5º Educación Primaria, Yolanda Macías Rodríguez

Mestra de Educación Primaria e Coordinadora do Proxecto de Formación en centros do Ceip Bibei de Viana do Bolo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante