Unha aula moi especial no Miraflores
O supermercardo do Miraflores é un espazo no que os alumnos traballan de xeito práctico lectura ou matemáticas
Aínda que poida non parecelo, ir ó supermercado implica moitas disciplinas das que tódolos días se imparten nas aulas. É necesario, por exemplo, coñecer as formas dos obxectos, saber ler a lista da compra, coñecer o valor dos diferentes billetes e moedas e, por suposto, ser capaz de calcular para adaptarse ó presuposto de cada casa. Deste xeito, Psicomotricidade, Inglés, Lingua ou Matemáticas son algunhas das materias que se poden practicar cunha visita ós corredores de calquera tenda de alimentación e productos do fogar.
E esa tenda téñena no colexio Miraflores, un supermercado moi especial no que cada visita se converte, ademais dunha grande actividade didáctica, nunha festa para os alumnos de Educación Infantil e Primaria, que teñen nesta instalación unha extensión da propia aula. Entre cereais, bollería, froita, iogures e filetes, o espazo serve tamén para que os máis novos poidan tomar conciencia duns bos hábitos de alimentación.
Mentres algúns acoden coa lista na man para poñer a proba as súas dotes de lectura, outros traen consigo os problemas matemáticos para coñecer o prezo das cousas. Trátase de aprender case sen darse conta e prepararse tamén para a vida que lles vén.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas