XORNAL ESCOLAR

Os centros Curros Enríquez compartiron actividades en Celanova

Participaron un total de 130 escolares de 5º e 6º de Primaria dos centros CEIP Curros Enríquez da Coruña, CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén e CEIP Curros Enríquez de Celanova.

Celanova acolleu por sétimo ano unha Xornada de convivencia dos centros Curros Enríquez de Galicia. Esta actividade, que estivo organizada pola Fundación Curros Enríquez e na que colaborou o Concello de Celanova, pretendeu reunir en Celanova aos alumnos dos centros que levan o nome do poeta e realizar actividades na súa vila natal.

Participaron un total de 130 escolares de 5º e 6º de Primaria dos centros CEIP Curros Enríquez da Coruña, CPI Curros Enríquez de Pazos de Borbén e CEIP Curros Enríquez de Celanova.

Unha vez chegados todos os participantes houbo unha recepción na Praza Maior. Dado que ademais de Curros Enríquez tamén se realizou a aproximación dalgunha outra figura celanovesa, neste caso Pepe Velo con motivo da celebración do seu centenario. Entregouselle a cada neno como agasallo un exemplar facsímil do Semanario ‘Adiante’, xornal no que colaborou con Celso Emilio na súa creación.

Ao longo da mañá os 130 alumnos dos colexios Curros da Coruña, Pazos de Borbén e Celanova participaron no programa de concertos didácticos de órgano que organizou o Concello de Celanova en colaboración coa Xunta de Galicia e así visitaron a Casa dos Poetas e a capela de San Miguel. Tras un xantar de convivencia, visitaron o proxecto de acondicionamento da carballeira que están a desenvolver en Celanova o centro Curros Enríquez e realizaranse visitas a Vilanova dos Infantes e Castromao.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar