Exitosa plataforma educativa
No CPR María Auxiliadora, Salesianos, comunícanse diariamente coas familias a través de internet
No colexio Salesianos traballan nunha gran variedade de proxectos e de xeito cooperativo. Ademais dos mencionados anteriormente destacamos: Programas de inmersión lingüística, estancia no estranxeiro, varias materias de Primaria e ESO impártense en inglés, programas de anticipación do Inglés desde Infantil. O próximo curso as aulas de Infantil, Primaria e ESO (38) contarán cun docente nativo de fala inglesa.
Aos estudantes de Educación Infantil encántalles o programa Entusiasmat, axúdalles a desenvolver a competencia matemática divertíndose. En 3º de ESO é un éxito o Camiño de Santiago que realizan durante unha semana. Participan na Semana de cine espiritual desde 3º de Primaria a 1º de Bacharelato.
En varios cursos de Primaria a piscina está integrada curricularmente na Educación Física. O deporte, en Salesianos, forma parte da súa identidade e esencia educativa, no ano 2013 Salesianos foi o primeiro colexio galego en recibir o título "Distinción ao mérito deportivo de Galicia". En Bosco-Salesianos xogan ao fútbol e baloncesto máis de 300 estudantes, fórmanse nos valores deportivos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva