O meu cole chámase... Manuel Curros Enríquez

xornalescolar_0610_curros_02_resultado
photo_camera O escritor Manuel Curros Enríquez.
O escritor do Rexurdimento é o protagonista de catro centros educativos en Galicia.

O trío do Rexurdimento

xornalescolar_0610_curros_02_resultado

Rosalía, Curros e Pondal. Seguro que estes tres nomes non che resultan estranos porque son tres das figuras máis importantes da literatura galega. Gracias a eles rematou unha época moi escura para a lingua e un deles era ourensán, coma ti. En concreto, de Celanova. É Manuel Curros Enríquez e naceu nesta vila o 15 de setembro de 1851 (acaba de cumprir 170 anos!).  Cando tiña 15 anos, escapou da casa porque non se levaba nada ben co seu pais. Aínda que morreu na Habana, os seus restos descansan na Coruña e, durante a súa vida, foi -ademais de escritor- sobre todo xornalista.

Tres libros

xornalescolar_0610_curros_03_resultado

Dende pequeno ata que morreu, Curros Enríquez non deixou de escribir nunca. Cronista parlamentario para contar o día a día dos políticos da época, fixo reportaxes en diferentes xornais. Pero son tres os títulos que lle deron a maior fama. “A Virxe do Cristal”; con el gañou un certame literario en Ourense e a súa primeira aportación ó Rexurdimento. “Aires d’a miña terra”; unha selección de poemas nos que toca todo tipo de temas, entre eles unha manifestación contraria á igrexa que conseguiu que o excomungaran. “O divino sainete”, onde reiteraba o seu pensamento anticlerical.

Catro colexios e moitas rúas

xornalescolar_0610_curros_01_resultado

A importancia de Curros Enríquez na literatura galega faise evidente no empregado que ten sido o seu nome. En toda Galicia son catro os colexios que se chaman coma el. Por suposto, un deles está en Celanova e o segundo na cidade de Ourense. A súa vila e a súa cidade rénderonlle así homenaxe dende o primeiro momento. Pero aínda hai outros dous: un en Pazos do Borbén (Pontevedra) e un cuarto na Coruña (onde está soterrado). Todos eles participan nun encontro anual da Fundación Curros Enríquez en Celanova. Ademais, son máis de medio cento os municipios galegos que teñen unha rúa na súa honra.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante