O meu cole chámase...

Xaquín Lorenzo "Xocas"

xornalescolar_1310_xocas_03
O colexio de Bande leva o nome do historiador ligado á Baixa Limia, pero hai outro centro educativo co que o mestre tivo moita relación.

Un home de tradicións

xornalescolar_1310_xocas_03

Historiador e escritor nacido en Ourense en 1907. Foi alumno de Ramón Otero Pedrayo e licenciouse en Filosofía e Letras (na especialidade de Historia) en Santiago de Compostela. Alí estudiou con Xesús Ferro Couselo (que tamén ten un instituto en Ourense). 

Xaquín Lorenzo foi coñecido como Xocas e con ese nome pasou á historia. Dentro do grupo Nós, o seu traballo centrouse na etnografía; é dicir, en estudiar os costumes e tradicións populares dos galegos. Pero a figura deste ourensán tamén está ligada á arqueoloxía ou ós estudos da arte prerrománica.

Familia da Baixa Limia

xornalescolar_1310_xocas_01

Hai un colexio en Ourense que leva o nome de Xocas e está situado en Bande. A capital da Baixa Limia decidiu homenaxear ó historiador entre os escolares, pois as súas orixes familiares están en Lobeira, onde faleceu e onde se prepara unha casa museo na súa honra. 

Xaquín Lorenzo era un gran amante das terras da Limia baixa e alí acudía anualmente a descansar e gozar das súas tradicións. Por iso, a figura do etnógrafo é moi respectada na comarca, tanto que os escolares da zona  aprenden cada día baixo o paraugas do seu nome.

Profesor e director

xornalescolar_1310_xocas_02

E aínda que non lle dá nome, hai outro colexio, neste caso na cidade, que ten moita relación con Xocas. Trátase do Cardenal Cisneros, un centro educativo do que foi fundador e director. Aínda hoxe hai compañeiros de cátedra del e son moitos os ourensáns ós que lles deu clase. 

No ano 2004, o colexio ourensán realizou moitas actividades en honor de Xaquín Lorenzo, ó que nesas datas se lle adicou o Día das Letras Galegas. E na actualidade, a súa figura segue moi presente nas aulas e o arquivo do centro garda un importante material gráfico sobre el.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante