AULAS ABERTAS

En setembro máis e mellor

Cerramos a tempada do programa xornal escolar de telemiño co CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía

O CEIP  Padre Crespo foi o colexio piloto deste programa o curso pasado. Este ano repiten experiencia no plató de Telemiño coa mesma ilusión e ganas de gozar desta experiencia televisiva.

Co obxectivo de que os alumnos coñezan o proceso de gravación do programa de Telemiño, O Xornal Escolar, e participar ademais nas tarefas de realización participan nesta divertida actividade onde son estupendo xornalistas por un día. Durante a gravación descubrimos un colexio moi dinámico e divertido. Con alegría, naturalidade e moito humor comezou o programa.

O último concursante da tempada 2015-2016 é o director, mestre e titor do Ceip Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, Xavier Pérez Gallego.
Nesta ocasión foron oito os presentadores, ninguén quixo perder a oportunidade de dirixir este fabuloso espazo educativo e compartiron esta experiencia como auténticos profesionais da televisión. Os co-presentadores foron:Lucia, Jorge e Nerea; Alberto, Aroa e Naiara e  por último Lucia, Sara e Marco. Todos eles, xunto coa presentadora Conchi Pérez, realizaron unha estupenda tarefa dirixindo o programa Xornal Escolar.
 

DE PLENO NO CONCURSO
Trala presentación do centro, comezou o concurso onde someteron ao director Xavier a tres probas: "que será será", "que acción é, que faría se fose" e por último "quen é". O profesor respondeu a todos os enigmas con éxito. 
Para continuar, os co-presentadores someteron ao seu mestre a tres bloques de preguntas que tamén respondeu encantado e lles aclarou todas as dúbidas dos seus estudantes.

CULTURA XERAL-TRIVIAL

Onde está o volcán Etna?
Estudámolo na clase non hai moito, está na illa de Sicilia en Italia.
 

Erupcionou algunha vez nestes cinco anos?
Últimamente tivo varias erupcións.

Cales son os tres montes máis altos do mundo?
Tamén o falamos na clase, nomeamos os catorce que teñen máis de 8.000 metros que suben os grandes montañeiros. A máis alta é o Everest, despois o K2 e en terceiro lugar o Kangchenjunga.
O mestre atreveuse a facer unha descrición da presentadora en Inglés, os co-presentadores fixeron de traductores para todos os espectadores.
 

PREGUNTAS SOBRE O CENTRO
Cuando marchemos ao instituto vasnos levar a Asturias?

Os últimos dias de xuño iremos a Asturias, levamos tres anos facendo está excursión ao lado da praia nun estupendo albergue. Non é o normal que os estudantes que non son do centro veñan de viaxe pero podemolo estudar e valoralo. Tanto para as familias como para os estudantes é positivo que siga a relación co colexio que os viu crecer. Os nosos alumnos sempre volven e colaboran en certas actividades co colexio, as portas sempre están abertas.

Poderías facer unha piscina no colexio?
Vai ser moi complicado facer piscina para o colexio. O Concello ten as piscinas municipais e os estudantes gozan durante o verán destas instalacións municipais.
 

Vaise renovar o patio cuberto?
Estamos renovando tanto interior como exteriormente o colexio, está contemplada a reforma do pavillón cuberto para setembro.

PREGUNTAS PERSOAIS

Como reacionaron os teus pais cando souberon a relación da túa parella?

A miña parella é francesa, na miña casa foi unha sorpresa porque na viaxe de Erasmus en Finaldia coñecina e a relación segue.

Que che gostou da túa parella?
Gustoume todo e sobre todo a paciencia que ten para aturar os horarios que teño.
Se segues no colexio vas traer a Anais?
Por suposto que me gustaría, pero viaxar conmigo sendo tan pequeniña prefiro que esté máis preto da casa. A hora que finaliza a xornada lectiva é moi tarde para tela no colexio ata que eu remate.
Finaliza o último programa Xornal Escolar desta tempada con gran emoción e con ganas de voltar o próximo curso. Conchi Pérez púxolles deberes para o verán enredar e enredar moito, gozar das vacacións. Feliz Verán.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante