Falando de solidaridade
aulas abertas
Organiza, por cuarto ano consecutivo, un concurso de debuxo, conto e relato para fomentar os principais valores da solidaridade
O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía segue, ano tras ano, mellorando as súas intalacións e ofrecendo unha gran variedade de servizos que fan posible que aumente o número de estudantes no centro. Actualmente, están inmersos nunha ampla variedade de proxectos de invovación educativa: Plans Proxecta, (Aliméntate Ben, Consumópolis, Mirando polo Camiño e Sustentabilidade e Paisaxe), contratos-programa: (Proa), deporte escolar, Seccións bilingües, horto escolar, programación e robótica entre outros.
Este colexio coa colaboración do Concello de Xunqueira de Ambía, do Concello de Allariz, e dos centros escolares da contorna: Ies de Allariz, Ceip Padre Feijoo e Ies Cidade de Antioquia de Xinzo de Limia, aunan esforzos e optimizan recursos para organizar IV Concurso de Debuxo, Conto e Relato "Falando de Solidariedade", este ano baixo o lema: solidariedade co medio ambiente. O Ceip Padre Crespo, con este concurso, en homenaxe a Celtia e Eva, pretende fomentar os principais valores que xiran ao redor da solidaridade: axuda, apoio, amizade, respecto, integración, colaboración, igualdade…
Este concurso literario é para que os estudantes se expresen mediante un debuxo, contando algún conto ou narrando pequenas historias que falen de solidariedade e todo o que xira arredor do seu significado. O programa desta marabillosa actividade solidaria inclúe: visionado de vídeos sobre o cambio climático, charla- coloquio no local das Escolas Vellas: O cambio climático coa bióloga Carmen Díez; Os incendios forestais con Juan Ares, profesor de Xeoloxía e Bioloxía e O lixo do futuro coa profesora de física Pilar Mera. Obra de teatro, no centro educativo de Xunqueira, representada polo alumnado de 5º do CEip Padre Feijoo de Allariz.
Demostracións e exhibición das agrupación de Protección Civil de Xunqueira de Ambía, Maceda, Baños de Molgas e da Xefatura de Ourense, dos Bombeiros e da Garda Civil, incluindo drons e cans adiestrados. Entrega de premios, de Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato, e actuacións de Hector Lorenzo e Santi Cribeiro e Mª José Mosquera ao órgano da Colexiata. Exposicións fotográficas e de debuxos, convivencia, encontros e merenda popular solidaria. Durante a merenda gozaron de contacontos e da a actuación musical de Servando Barreiro e Anxo Moure.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas