ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
Nova concesión
As Portas do Xurés estarán abertas do 17 ao 20 de abril, así como nos meses de verán deste ano e do vindeiro, dentro do Proxecto Gerês-Xurés Máis Sustentável.
Estarán operativas cinco días á semana durante os meses de maio, xuño, xullo e agosto deste ano, no horario de mércores a domingo de 10,00 horas a 14,00 horas e das 16,00 horas ás 20,00 horas, malía que os luns e martes permaneceran pechadas. No caso do ano 2026, as Portas do Xures estarán abertas nos meses de xuño, xullo e agosto co mesmo horario do ano 2025.
O contrato para a apertura das Portas e a realización de actividades foi adxudicado á asociación Sustinea durante estes dous anos.
O Proxecto Gerês-Xurés Máis Sustentável, no que participa a Deputación de Ourense cun orzamento de 435.000 euros, e está cofinanciado ó 75% co programa Interreg VI España-Portugal 2021-2027, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Tamén participan outras entidades e administracións públicas tanto galegas como portuguesas con competencias na xestión do territorio da Reserva da Biosfera, procurando novos patróns de sustentabilidade ó recuperar e por en valor o patrimonio material e inmaterial da mesma, ofrecendo mellores servizos ós turistas no marco do turismo ecolóxico e sostible.
Estes centros de interpretación están encargados de dar a coñecer ós visitantes da Reserva da Biosfera o patrimonio da zona. Sitúanse nos seis concellos que forman parte do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
IMPULSO AL EMPLEO LOCAL
Muíños y Lobios activan empleo del sector servicios
CASI DOS VUELTAS AL MUNDO
Ramiro, el párroco boliviano de los 78.000 kilómetros en la Baixa Limia
VICEPRESIDENTE TERCEIRO DA DEPUTACIÓN
Plácido Álvarez Dobaño, alcalde de Muíños: “Se as administracións apostan polo rural, entón teremos futuro”
Lo último