ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
PREMIO ARRAIANO MAIOR
O acto de entrega de premios Arraiano Maior revindicou onte Entrimo como o epicentro do triángulo máxico da raia seca, cuxos vértices marcou Xosé Luis Méndez Ferrín en Celanova, Montalegre e Arcos de Valdevez. A Porta do Parque situada na Terrachán acolleu un acto cheo de emocións, recordos e de recoñecemento a grandes figuras que traballaron e traballan na defensa da cultura que une Galicia e Portugal.
A cantante Uxía recibiu o recoñecemento como Arraiana Maior 2024 polo seu traballo de establecer pontes coa cultura lusofonía, a Fundación Rosalía de Castro representada por Anxo Angueira polo labor como colectivo, mentres que Xusto Beramendi, galego de adopción, foi recoñecido como Arraiano Universal a título póstumo nun acto presidido polo alcalde, Ramón Alonso, e co director e xornalista Aser Álvarez como mestre de cerimonias.
Honrada e emocionada por recibir a aguillada, Uxía incidiu na importancia de seguir traballando para afianzar a irmandade entre Galicia e Portugal, “e a música, as artes en xeral, son unha ferramenta poderosa para poder facelo”, dixo tras recoller o premio, nesta ocasión simbólica, da man do seu antecesor Antoine Chao quen desta vez non se puido desprazar ata Entrimo, pero desculpou a súa ausencia con emotivo audio.
Tras o acto oficial, no que se conmemorou o 15 aniversario do premio que estreou o ‘xefe’ Méndez Ferrín, os presentes trasladáronse ata ao Museo Pura Santos para a inauguración da mostra “Vieiro a Prisciliano” de Correa Corredoira. A mostra poderase visitar todo o mes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
IMPULSO AL EMPLEO LOCAL
Muíños y Lobios activan empleo del sector servicios
CASI DOS VUELTAS AL MUNDO
Ramiro, el párroco boliviano de los 78.000 kilómetros en la Baixa Limia
VICEPRESIDENTE TERCEIRO DA DEPUTACIÓN
Plácido Álvarez Dobaño, alcalde de Muíños: “Se as administracións apostan polo rural, entón teremos futuro”
Lo último
Xornal Escolar
Galería | Unha xornada musical en Celanova
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 6 de mayo?