MUJERES DEL MEDIO RURAL
La banduense Isaura de la Torre, ganadera ejemplar
CULTURA
A Porta do Parque de Entrimo, na estrada de Queguas, acollerá finalmente o acto de nomeamento do Arraiano Maior que este domingo terá lugar na capitalidade de A Terrachán, en Entrimo. A cantante galega Uxía será a nova Arraiana Maior nunha edición, a de 2024, na cal a organización quiso levar adiante un recoñecemento póstumo, como Arraiano universal, ao investigador Xusto Beramendi. O recoñecemento ao colectivo Arraiano 2024 recaerá na Fundación Rosalía de Castro que preside Anxo Angueira.
Arraianos Produccións e o Concello de Entrimo colaboran na organización dun evento que, neste 2024, conmemorará ademáis o 15 aniversario do galardón cunha homenaxe a Xosé Luis Méndez Ferrín. O escritor de Vilanova dos Infantes, considerado o “xefe” deste colectivo, foi quen ademais de inaugurar no ano 2009 o palmarés deste premio que distingue a todas aquelas persoas que destacan polo seu traballo en favor da cultura da raia entre Galicia e Portugal.
No evento, que comezará as 12,00 horas, está prevista a presenza de Antonie Chao, Arraiano Maior de 2023, quen entregará a aguillada a Uxía, representantes da Fundación Rosalía de Castro e algunhas das persoas distinguidas con este premio nos últimos anos. “Vai ser un acto moi potente, con moitas sorpresas”, adiantaba Aser Álvarez de Arraianos Produccións, quen adiantou que durante o evento está prevista a proxección dunha curtametraxe documental sobre Prisciliano.
A segunda parte do acto trasladarase ao Museo Municipal Pura Santos, con motivo da inauguración da mostra pictórica “Vieiro a Prisciliano” de Tono Correa Corredoira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MUJERES DEL MEDIO RURAL
La banduense Isaura de la Torre, ganadera ejemplar
PATRIMONIO HISTÓRICO
El Gerês-Xurés acerca su historia a los escolares
COMPITE CON CANTABRIA Y BADAJOZ
La ruta de As Olas do Río Mao suma votos para ser el mejor sendero homologado de España 2026
Lo último
RESPONSABILIDADES POLÍTICAS
❌ ✅ Encuesta | ¿Crees que la dimisión de Óscar Puente es suficiente?
"LA CULPA NO PUEDE MORIR SOLA"
Óscar Puente dimite tras 4 horas de comparecencia sobre su gestión y dos accidentes ferroviarios que suman 114 muertos