POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
Bande estrena cubierta sobre su pista de pádel
Entre a pleiade de pequenas historias personais e colectivas que o proceso de expropiación e desterro das aldeas de Aceredo, O Bao, A Reloeira, Buscalque e Quintela, xerou hai agora trinta anos (algunhas das cales emerxeron de novo á actualidade debido á seca dos últimos meses), destaca sobremaneira o longo conflito xudicial -e veciñal- que provocou o pagamento da expropiación dos montes comunais asulagados polo encoro do Lindoso en ámbalas dúas beiras do río.
Alén dos desecontros particulares que cada quen mantivo coa hidroeléctrica portuguesa na defensa dos seus intereses e das súas propiedades rústicas e urbanas, agrícolas ou comerciais, neste caso as diferencias emerxeron porque de pronto a expropiación de máis de 300 hectáreas de monte mancomunado fixo que os veciños en comandita contaran nunha conta bancaria cun saldo de nada máis e nada menos ca 573.941.000 de pesetas (é dicir 3,5 millóns de euros) .
Era o día 12 de decembro de 1992 e se ben, aquilo era unha realidade que viña a paliar parcialmente os abondosos sen sabores que o desarraigo estaba a provocar en todos eles, pronto asomaron as diverxencias e no canto de se poñeren a debater sobre como esa millonaria indemnización podía axudar a abrir novos horizontes sociais e económicos para a veciñanza, as diferencias viraron cara o asunto da propiedade e a vella teima que os galegos temos cos marcos aflorou ó mesmo ritmo que afloran as cerdeiras na primavera.
É certo que inicialmente foi só unha comunidade veciñal, a dos montes en man común de "Quintela, Buscalque e Serra de Santa Eufemia", a que negociou os prezos da expropiación coa eléctrica portuguesa, segundo un acordo tomado o día 3 de marzo de 1991 nunha asemblea na que participaron 67 comuneiros dos pobos de O Bao, Quintela, Buscalque, Compostela, Ludeiros, Manín e Aceredo.
Unha asemblea que só tiña como asunto o de "aceptar cualquier oferta de la empresa Electricidade de Portugal, por la expropiación de los montes afectados por la construcción del embalse de Lindoso, que supere el precio de 160 pesetas el metro cuadrado y depositar dicha indemnización en las entidades bancarias que mejores condiciones oferten".
Sen embargo, nesa mesma reunión xa xurdiron as primeiras diferencias e un dos veciños de Buscalque alzou a voz para facer constar a súa disconformidade coa convocatoria por entender que non fora realizada en tempo e forma. A votación celebrouse de forma secreta, de igual maneira, e o resultado foi de 47 votos a favor e 16 en contra, todos eles das aldeas de Buscalque e Quintela -é dicir da outra beira do río-, que de contado promoveron unha segregación da comunidade de montes e presentaron a primeira demanda no Xulgado de Primeira Instancia de Bande, que tardaría máis dunha década en resolver, tempo no que os intereses van engordando as contas que a comunidade mantén na Caixa Postal e en Caixa Galicia e que segundo arqueo feito o día 31 de decembro de 1999 sumaban a astronómica cifra de 1.060.283.000 pesetas ou, na moneda actual, case 6,4 millóns de euros.
Ían dez anos dende que as augas afogaran os seus pasados e o litixio mantiña tan mareante cantidade de diñeiro improdutiva, polo que en marzo do 2000 alguén propuxo a celebración dunha nova asemblea na que se debería acordar a partición da comunidade de montes orixinal en dúas -unha para cada beira do río- e a constitución dunha comisión mixta que se encargase da "administración del dinero procedente de la expropiación". Pero a reunión acabou coma o "rosario da aurora" negando calquera partición ata que o xulgado de Bande ditase sentencia.
O xulgado de Bande tardou, pero acabou decantándose a favor da -digamos- comunidade da beira esquerda do río -é dicir, Aceredo, Ludeiros, Compostela, Manín e O Bao-, fronte ós de Buscalque e Quintela, que decidiron recurriren á Audiencia Provincial.
Dous anos despois, no mes de maio de 2004, a Audiencia ourensá dálle unha reviravolta ó caso e sentencia a favor da división das comunidades de montes e do reparto do diñeiro, cousa que obriga á comunidade de montes da beira esquerda do río -os da Serra de Santa Eufemia- a entregarlle 2,5 millóns de euros á comunidade da esquerda (os do monte do Quinxo).
"Gañamos a vaca e agora imos polo becerro", declara un dos comuneiros de Quintela e Buscalque nos medios de comunicación, decididos a reclamaren os intereses -onde estaba a substancia porque eran os fondos que se podían repartir- e o cobrado polas talas realizadas durante o conflito.
Mentres os comuneiros da Serra de Santa Eufemia piden o bloqueo do diñeiro por entender que non se debía repartir en canto non rematase o litixio, os comuneiros de Buscalque e Quintela comezan a teren problemas porque de súpeto os veciños empezan a "crecerlle" e dos 30 que tiñan daquelas pasaron só nunha semana a 60.
Como semellaba inexorable, o litixio acabou nas mans dos maxistrados do Tribunal Supremo, que resolveu o día 26 de marzo de 2010 (19 anos despois da primeira demanda) en base ós criterios da Audiencia provincial, entendendo que a división nas dúas comunidades de montes -e, con elo, o reparto do diñeiro- era o axeitado.
Fin da historia!
...Pois non, xa que, unha vez que os vencedores deciden "proceder ó reparto de un millón de euros dos intereses bancarios xerados pola indemnizacion inicial (algo máis de 3 millóns en outubro do 2010)", veciños de noutrora e heredeiros comezaron a inzar coma setas para reclamaren o que cren que lles corresponde, o que dá lugar a demandas no xulgado de Bande, na Audiencia e incluso no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se achegan mesmo ó ano 2019, a piques de entrarmos na pandemia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
Bande estrena cubierta sobre su pista de pádel
PARQUE NATURAL DE PENEDA-GERÉS
Drama en Lindoso: un bombero herido en un virulento incendio que llega ya a las casas
Lo último
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
PRIMERA FEDERACIÓN
Una victoria para terminar el año del Arenteiro