MERCADO ELÉCTRICO NACIONAL
Muíños lidera o aforro enerxético en seis concellos
MERCADO ELÉCTRICO NACIONAL
A agrupación enerxética de concellos liderada por Muíños e que integran entidades municipais das comarcas da Limia, Baixa Limia e O Carballiño -Avión, Bande, Calvos de Randín, Lobeira e Lobios- vén de propoñer a empresa Iberdrola como adxudicataria do contrato de subministro eléctrico para os participantes nesta iniciativa conxunta.
O Concello de Muiños asumiu a coordinación e a xestión administrativa do procedemento, contando coa asistencia técnica da enxeñaría Proyestegal, contratada grazas a unha subvención do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dependente da Xunta, que financiou o 90% dos custos desta asistencia técnica.
Plácido Álvarez, alcalde de Muíños, amosouse “moi satisfeito” co resultado do concurso, que permitiu acadar un prezo da enerxía “altamente competitivo”. Nomeadamante, conseguiuse reducir máis de un 50% o custo da porcentaxe aplicada pola comercializadora con respecto ao que os concellos viñan pagando ata o de agora.
plácido álvarez, alcalde de muíños, cre que este modelo de colaboración entre concellos é o que “debe primar”
O modelo de contratación baséase nun prezo indexado, cunha parte variable en función da evolución do mercado eléctrico nacional e outra parte fixa correspondente á cota da comercializadora. De feito, é esta última a que se reduce de maneira moi significativa grazas ao proceso de licitación conxunta.
Os seis concellos que se beneficiarán desta iniciativa de colaboración municipalista teñen en común ser municipios pequenos que dificilmente poderían acceder a estes prezos se concorresen de maneira individual.
O contrato garante dous anos de subministro con estas condicións vantaxosas, con posibilidade de prórroga por outros dous anos, o que supón que os concellos terán resolto durante un longo período un dos contratos máis relevantes da súa xestión, como é o do subministro eléctrico.
Álvarez agradeceu a colaboración da Xunta e o traballo dos servizos administrativos municipais que levaron a contratación no tempo e na forma que esixía o Inega. Tamén salientou que este é “o modelo de cooperación entre concellos que debe primar”, ao permitir obter prezos “máis competitivos e condicións máis favorables que actuando de forma individual”. Engadiu que se demostra “con feitos” que a capacidade de xestión e liderado dos gobernos locais é “clave para que estes poidan desfrutar de mellores servizos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MERCADO ELÉCTRICO NACIONAL
Muíños lidera o aforro enerxético en seis concellos
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
Bande estrena cubierta sobre su pista de pádel
Lo último
REGULARIZACIÓN DE MIGRANTES
¿Votan los migrantes en las elecciones? Qué dice la ley y por qué el debate ha vuelto al centro de la política
ALTA VELOCIDAD DESAPROVECHADA
La ciudad de Ourense incapaz de rentabilizar el récord de viajeros que trae el tren
PODCAST Y VÍDEO
EL PRIMER CAFÉ | Sábado, 31 de enero