PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Alcaldes de Baixa Limia se arman contra el fuego
Nestes derradeiros días do curso escolar, o alumnado do Instituto Aquis Querquenis de Bande ten a oportunidade de desfrutar e descubrir a riqueza do agro no Xurés coa exposición “Pasteiros da Baixa Limia”.
É unha mostra feita polo alumnado da ESO na que amosan, non só as diferentes explotacións que persisten na zona de vacas de raza cachena, ovellas, cabras ou porcos. Tamén a importancia de preservar as vellas tradicións e o coidado do medio ambiente. “Moitas das nosas familias teñen vacas cachenas, cabras, porcos, burros… e quixemos amosar un pouco o traballo que fan”, explicaba Gabriel Dobaño, que vive ao pé da antiga calzada romana Via Nova no lugar de Ponteliñares (Bande).
A exposición permitiu aos estudantes pararse a reflexionar sobre o seu entorno e os medios de vida, dándolle valor ao traballo das súas familias máis alá do feito de levar cartos na casa. “Co seu traballo chegan os alimentos as cidades”, subliñaba Dobaño. O seu compañeiro, e veciño de San Xes de Vilariño (Lobeira), David Martí, resaltaba a importante labor que fai o gando en materia de prevención de incendios forestais. Un perigo que viviu de preto co último gran incendio que ocorreu non fai moito no concello de Lobeira, e no cal os animais lograron fuxir das llamas, as cales deixaron una fonda pegada na paisaxe.
No traballo escolar, exportable a calquera sala de exposición, tamén colaboraron alumnos que non teñen explotacións, pero que saíron ao campo coa intención de retratar a esencia do rural. “Estes animais xa estaban aquí e temos que aprender a convivir con eles, coidar o noso fogar que tamén é o deles”, remataba David Álvarez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Alcaldes de Baixa Limia se arman contra el fuego
ROBOS EN 1 VIVIENDA Y 3 PUNTOS LIMPIOS
Penas mínimas por el “tour” de la chatarra en la Baixa Limia
IMPULSO AL EMPLEO LOCAL
Muíños y Lobios activan empleo del sector servicios
CASI DOS VUELTAS AL MUNDO
Ramiro, el párroco boliviano de los 78.000 kilómetros en la Baixa Limia
Lo último
RECAUDACIÓN DE FONDOS
Galería | A Arnoia se vuelca con la Fundación Diego Rivas, en fotos
2019, SU PRIMERA GRANDE
Pogacar vuelve a La Vuelta siete años después y busca conquistar el maillot rojo