VICEPRESIDENTE TERCEIRO DA DEPUTACIÓN
Plácido Álvarez Dobaño, alcalde de Muíños: “Se as administracións apostan polo rural, entón teremos futuro”
SENDERISMO
O Pazo Provincial acolleu a presentación do primeiro Festival de Sendeirismo do Xurés, que leva o nome de "Xurés walking festival". O evento, que mesturará sendeirismo, música, e gastronomía, terá lugar entre os días 18 e 22 de xullo na Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Gerés-Xurés.
Para presentar a programación de actividades celebrouse un acto no que estiveron presentes o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o concelleiro de Turismo de Muíños, Israel León Rodríguez; a alcaldesa de Lobios e rexedores de Bande e Lobeira, Mari Carmen Yáñez, José Antonio Armada e Antonio Iglesias así como as organizadoras, Marta Delgado e Ana Canal.
O festival ofrecerá un total de 19 rutas de diferente duración -día completo ou medio día- e outras delas estarán dirixidas a familias e cativos, adaptándose ás distintas idades. Os camiños foron deseñados para mesturar a formación medioambiental co goce da natureza. Asimesmo, todos os días haberá un espazo infantil aberto a nenos e nenas.
Por último, as rutas completaranse coa celebración de veladas todas as noites, onde os participantes poderán degustar unha cea a base de produtos típicos da zona e amenizada con música tradicional.
O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, explicou que o evento fusiona "natureza e historia para ofrecer unha alternativa de ocio: camiñar por vías romanas, visitar a igrexa visigótica do século VII ou adentrarse na historia do megalitismo, dos castrexos ou das mouras da mitoloxía galega".
Pola súa banda, Mari Carmen Yáñez destacou, en nome dos Concellos colaboradores -Muíños, Lobeira, Lobios, Entrimo, Calvos de Randín e Bande- "o apoio a este tipo de iniciativas privadas que completan a oferta cultural e deportiva que estamos a levar a cabo entre todos nós, porque traballamos de maneira coordinada na dinamización e difusión do noso territorio"e salientou a inclusión no programa do evento de rutas deseñadas para familias que permiten que "pais e fillos gocen da natureza e fagan deporte xuntos".
Marta Delgado explicou que o obxectivo é "mostrar e poñer en valor a nosa terra". Os interesados en participar poden inscribirse en ecoturismoxures@gmail.com, ou chamando aos teléfonos 617 164 082 ou 696 760 910.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VICEPRESIDENTE TERCEIRO DA DEPUTACIÓN
Plácido Álvarez Dobaño, alcalde de Muíños: “Se as administracións apostan polo rural, entón teremos futuro”
MERCADO ELÉCTRICO NACIONAL
Muíños lidera o aforro enerxético en seis concellos
POLIDEPORTIVO MUNICIPAL
Bande estrena cubierta sobre su pista de pádel
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”