SALEN POR SU PROPIO PIE
Un vehículo se sale de la vía y vuelca en la OU-540 a su paso por Bande
CEIP Xoaquín Lourenzo
A longa relación dos banduenses coa pesca é sabida, unha relación que celebran cada ano coa súa tradicional Festa do Peixe. Para fortalecer o arraigamento á cana das novas xeracións, vinte alumnos do CEIP Xoaquín Lourenzo participaron nunha escola de pesca impartida por un profesor de primeiro nivel: David Arcay, o pescador galego cinco veces campión do mundo.
Os cativos chegaron onte pola mañá ao río Limia, ao seu paso por Bande, aos pés do Refuxio de Pesca do Concello. Alí, entre o croar das ras e o cebar das troitas, o campión comezou a xornada didáctica. Arcay explicoulles aos cativos as condicións dos ríos, que lles fai dano, como protexelos e os motivos polos que cada vez hai menos pescadores, incidindo na importancia do relevo xeracional. Moitos destes cativos afirmaron practicala coas súas familias, mentres que para outros sería a primeira vez que tirarían unha cana.
“Pensades que a pesca é boa ou mala para a natureza?”, abriu o debate o campión do mundo. “Mala”, contestaron ao unísono os vinte cativos, malia que algún, nun segundo pensamento, afirmou: “Depende”. Moitos dixeron que era mala porque se sacrificaban os peixes, e Arcay aproveitou para explicarlles as diferenzas entre pesca con morte e sen morte, e os diferentes tipos de anzol.
A explicación continuou mostrándolles aos cativos os peixes que habitan os ríos en Galicia, así coma as especies invasoras (carpas e black bass) e os riscos os que se enfrontan, apuntando que esta tempada é a primeira que está vetada a pesca de salmón na comunidade autónoma. “Os pescadores somos os primeiros que nos decatamos dos problemas dos ríos, e os primeiros interesados en que siga habendo peixe”, explicou Arcay, contándolles que xa antes de gañar os seus títulos mundiais, comezou a practicar a pesca sen morte.
Ao rematar a introdución, Arcay enfundouse o seu traxe de pesca e demostroulles aos cativos como pola sedela e como pescar ao estilo “cola de rata”. O campión non tardou nin dous minutos en quitar a primeira troita do río. Así, achegoulla aos cativos para que a visen, mentres lles sinalaba donde estaban as outras que se vían “cebar”. Dúas tiradas de cana despois, outra troita saia da auga.
No momento no que Arcay ía quitar a terceira, esta non chegou a morder o anzol. “A iso chamámoslle un rechazo”, afirmou, “as troitas son moi listas e decátanse de que é unha trampa”. Os cativos xa estaban ansiosos por tirar eles a cana, e así foi. Un por un, Arcay ensinoulles como agarrala, como lanzala e como recoller a sedela.
Así, a mañá no río chegou a súa fin. Malia que ningún cativo tivo a sorte de que a troita pescara o seu anzol, todos quedaron con ganas de repetir outra xornada de pesca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SALEN POR SU PROPIO PIE
Un vehículo se sale de la vía y vuelca en la OU-540 a su paso por Bande
MEJORA DE LOS ACCESOS
Bande y Xunta sellan su alizan por el Mercado do Xurés
OBRAS DE MEJORA
Una nueva plaza en Bande mejorará el acceso al Mercado do Xurés
PATRIMONIO MUNICIPAL
Una nueva plaza mejorará el acceso al Mercado do Xurés de Bande
Lo último
A PARTIR DE 10 EUROS
Las Escuelas Musicales de Viana abren inscripción
POLÍTICA MONETARIA
El BCE vuelve a subir los tipos ante la amenaza de la inflación