BIBLIOTECAS RENOVADAS
Mejoras en la biblioteca del Aquis Querquernis en Bande
FIESTAS
Bande acollerá o vindeiro domingo, 10 de agosto, o sexto Roteiro dos Fuxidos que organiza o Comité pola Memória Histórica do Val do Limia. A proposta, antesala aos actos que levarán a cabo no mes de setembro tamén neste municipio cabeceira comarcal, consistirá nunha andaina guiada polos camiños que percorreron os integrantes da guerrilla antifascista dirixida, entre 1939 e 1943, por Víctor García García ‘Brasileiro’.
A actividade, comentaban os membros do comité, tamén abordará o infrutuoso intento de expropiación do gran comercio dous de Parada situado no lugar de Porto Quintela, ademáis de asistir a unha ruta guiada polo campamento romano Aquis Querquennis e as termas de San Joan do Baño. A saída será ás 10,00 horas, e tras o percorrido de uns 3,5 quilómetros e dificultade baixa, os participantes compartirán unha comida de confraternización na alameda de Porto Quintela.
O Comité do Val do Limia ultima, á súa vez, os preparativos da homenaxe ás vítimas dos fascismo en Bande. Un acto previsto para o día 7 de setembro, ás 17,30 horas, na área recreativa da Pombeira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BIBLIOTECAS RENOVADAS
Mejoras en la biblioteca del Aquis Querquernis en Bande
A CHEGADA DO ENTROIDO
Galería | Os Troteiros de Bande percorren as súas aldeas
PERCORRIDO POLOS NÚCLEOS
Os Troteiros volverán levar a troula por tódalas aldeas de Bande
RECUPERAR EL EDIFICIO
Bande impulsa la rectoral para dinamizar el turismo
Lo último