O TorreiroFest de Bande, un “novo modelo de festival”
PRIMEIRA EDICIÓN
A primeira edición do TorreiroFest comezou na aldea de San Pedro Fiz de Vilar
A aldea de San Pedro Fiz de Vilar (Bande) acolleu a primeira edición do TorreiroFest, un encontro entre arte, música e comunidade impulsado por A Casa do Pozo, baixo a dirección artística de Mateo Feijóo, co apoio da Xunta, do Concello de Bande e da asociación veciñal Raíces de Vilar.
A alcaldesa, Sandra Vázquez, acompañou a veciños e visitantes nunha xornada que comezou na Casa da Escola coa presentación do tráiler do documental “La Quema”, sobre o proxecto que a artista Elena del Rivero levou a cabo en Vilar o ano pasado.
Despois, a pianista portuguesa Joana Gama ofreceu na igrexa da aldea un concerto de piano con obras de compositores contemporáneos, e acompañou ao piano a misa comunitaria posterior. Por último, tivo lugar un xantar popular con preto de 150 persoas que reflictiu o espírito do TorreiroFest: a unión entre artistas e comunidade nun mesmo territorio de creación e encontro.
Revitalizar a aldea
A Casa do Pozo é unha iniciativa de Mateo Feijóo que revitaliza a aldea de San Pedro Fiz de Vilar a través da cultura. TorreiroFest recupera espazos en desuso —pallozas, bodegas, alpendres— para convertilos en escenarios axeitados para o encontro. Esta edición senta as bases para afrontar un programa estable nos vindeiros anos, con novos artistas convidados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SANTIAGO FERRER
La Diputación apoyará a la Fundación Vía Nova
CEIP XOAQUÍN LOURENZO
Amplia oferta de actividades para los niños banduenses este curso
SALEN POR SU PROPIO PIE
Un vehículo se sale de la vía y vuelca en la OU-540 a su paso por Bande
Lo último
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
O día que tremeu a terra e calou a burga
TRAS DOS DERROTAS
El Voleyourense se lleva el derbi en A Coruña (2-3)
Francisco Muro de Iscar
Una mirada preocupada al País Vasco