GOLPES EN LA CARA
Deberá pagarle las gafas que le rompió en una pelea en Baños de Molgas
"OBRA MOI NECESARIA"
O Concello de Baños de Molgas vén de recibir esta semana unha nova subvención da Xunta de Galicia, cofinanciada con fondos Feder da Unión Europea, para a mellora da eficiencia enerxética na Casa Consistorial molguense.
A achega desta subvención ascende a preto de 150.000 euros e permitirá modernizar o edificio consistorial, atendendo ás melloras necesarias para facer o cambio de gasóleo por aerotermia, a substitución das carpinterías por unhas metálicas e melloras no illamento, o que resultará nunha mellor aclimatación do espazo.
Ademais, atenderase ao cambio da iluminación, que pasará de ser mediante alóxenos á bombillas led.
Manuel Ángel Fernández, alcalde do Concello de Baños de Molgas, explicou que “é unha obra moi necesaria para cumprir co estándar de sostibilidade”, incidindo no seu compromiso por mellorar as infraestruturas municipais como o Centro de Saúde, que tamén foi obxecto deste tipo de intervencións para acadar unha mellor eficiencia enerxética.
A Casa do Concello “está de cando se fixo, pouco menos”, dixo o alcalde, e que estas melloras axudarán a reducir o consumo enerxético e a mellorar o confort das instalacións públicas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GOLPES EN LA CARA
Deberá pagarle las gafas que le rompió en una pelea en Baños de Molgas
DAÑADA EN 2025
Emergencias de Baños de Molgas tendrá nueva sede
SEGURIDAD CIUDADANA
Los voluntarios de Protección Civil de Ourense, ejemplo de entrega solidaria
Lo último