GOLPES EN LA CARA
Deberá pagarle las gafas que le rompió en una pelea en Baños de Molgas
Co paso dos anos son moitos os saberes e oficios tradicionais que se achegan ás beiras do esquecemento. Porén, moitas persoas preocúpanse de manter viva, inda que sexa de xeito efémero, esa parte identitaria dos seus pobos. É o caso da asociación cultural A Corna, un grupo de veciños da parroquia de Betán, en Baños de Molgas, que hai catro anos decidiron acender de novo o forno tradicional da aldea que dá nome á parroquia.
O presidente da Corna, José Gómez Losada, explica que antes había fornos en cada aldea, mais o único que seguía funcionando era este, usado aínda ocasionalmente polos veciños. Segundo conta, os membros da asociación encárganse de organizar o evento, mais son os fillos e netos dos que no seu día o empregaban a diario os que aínda conservan o saber: “Sen a súa colaboración sería imposible, xa que nós levamos o timón da organización, pero non temos nin idea de como facer o pan. Son imprescindibles”, afirma.
Maiores e cativos forman parte do proceso, que comeza co acendido do forno cara ás seis horas da mañá, para poder preparar todo o pan, empanadas, biscoitos e xamón asado que se servirá o 11 de xullo durante a celebración. A cita, á que asistiron 75 persoas na súa primeira edición, achegouse ás 200 na derradeira. O presidente explica que desta volta contan que haxa máis xente, mais non moita, “xa que non temos infraestrutura para soportalo”, agradecendo a colaboración do Concello e o Inorde.
A pequena aldea de Betán abrirá as súas portas ás 16,00 horas coa apertura do mercado tradicional. Non será ata as 20,00 horas cando teña lugar a degustación dos produtos do forno, que estará acompañada polo son das pandeiretas. Así, ao remate da cea, será o Dúo de 13 quen se encargue de pór ritmo á velada. Dende a organización da fornada aclaran que é imprescindible inscribirse previamente para asistir, sendo a data límite para adquirir as entradas o vindeiro 5 de xullo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GOLPES EN LA CARA
Deberá pagarle las gafas que le rompió en una pelea en Baños de Molgas
DAÑADA EN 2025
Emergencias de Baños de Molgas tendrá nueva sede
SEGURIDAD CIUDADANA
Los voluntarios de Protección Civil de Ourense, ejemplo de entrega solidaria
Lo último