ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un atropello deja un herido que tuvo que ser evacuado en A Valenzá
70 ESCOLARES
A rapazada de Barbadás volveu facer súa este xoves a Praza Vella da Valenzá, neste caso, para celebrar a Regueifa do Xoves de Comadres. Preto de 70 escolares do CEIP Filomena Dato e CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro participaron na actividade, impulsada dende a área de Educación do Concello de Barbadás.
O obxectivo da celebración é dar a coñecer esta tradición entre as novas xeracións, que aprenden a elaborar os mecos nos colexios nas semanas previas ao Entroido. Co berro “que morran as comadres” as nenas perseguiron aos nenos pola praza, mentres eles intentaban protexer ás súas comadres.
Os máis pequenos de Barbadás volverán a ser protagonistas da xornada matutina de hoxe, venres, co Desfile Infantil. Máis de 1.200 persoas, entre docentes e alumnado dos colexios Filomena Dato, O Ruxidoiro e Luis Vives e do Centro Ocupacional As Burgas, percorrerán as rúas da Valenzá dando conta do seu espírito entroideiro. “Salen dende os seus colexios ata reunirse na Glorieta da Familia, onde haberá presentadores para darlles a benvida”, explica Marga Pérez, concelleira de Educación.
A cita contará con ambientación musical e un escenario polo que pasarán representantes dos catro centros para presumir dos seus disfraces. “Logo se realizará o alzado dos mecos que cada colexio elaborou, e estarán colgados na Glorieta da Familia todo o Entroido, para que a veciñanza os vexa”, conta Pérez. A festa continuará pola tarde. Lito, da orquestra Panorama, será o encargado de dar o pregón, ás 20,00 horas, para despois celebrar a tradicional Cea de Comadres nos establecementos hostaleiros do municipio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un atropello deja un herido que tuvo que ser evacuado en A Valenzá
CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO
A Valenzá se llena de cientos de corredores por la III Carreira pola Igualdade en Barbadás
Lo último
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior
OBRAS Y SOCAVONES
Ourense, la ciudad de las vallas infinitas