Boborás celebra o galeguismo e a memoria no premio Losada Diéguez
XLI EDICIÓN
O acto, que celebra o galeguismo e a memoria no premio Losada Diéguez, recoñeceu as obras de Cynthia Menéndez e Carmen V. Valiña
Nunha mañá de exaltación do galeguismo, o evento comezou coa tradicional misa, un ritual importante polo fondo arraigo católico de Losada Diéguez. Logo da eucaristía, os presentes fixeron a ofrenda diante da súa tumba en San Mamede de Moldes, que estivo acompañada pola ofrenda a Manuel Chamoso Lamas, que nesta ocasión correu por conta dos membros do Centro de Estudos que leva o seu nome.
Acompañados polo son das gaitas de Boborás e Maceda, os presentes baixaron ata o pazo onde se celebra o acto, que estivo guiado pola xornalista Nuria Castro. A alcaldesa de Boborás e presidenta da Fundación Antón Losada Diéguez, Patricia Torres, recordou que este acto “é importante para darlle o valor que merece a súa figura e recordala”, explicando que ao morrer con 45 anos “non tivo a oportunidade de deixar un legado máis extenso, pero si foi quen sementou a idea do galeguismo e puxo as primeiras pedras do que logo foi a Xeración Nós”.
O premio na categoría de creación literaria foi para Cynthia Menéndez pola obra “Son coma glaciares os barcos de aceiro”, na que a narración destaca polo seu “alento lírico e esteticamente innovador”. A autora reivindicou as dificultades do sector naval e as mobilización sindicais dos ano noventa na cidade olívica. Na categoría de ensaio e investigación, o recoñecemento foi para “As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo (1885-1936)”, de Carmen V. Valiña, no que fai unha análise da realidade das mulleres internadas no sanatorio e na que se recollen as voces de Silveria e Dolores, dúas veciñas de Boborás coetáneas con Losada Diéguez.
O acto contou coa presenza do alcalde en funcións do Carballiño, José Castro; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o delegado territorial da Xunta de Galicia, Manuel Pardo, así como outros representantes institucionais.
Menor dixo que “o que somos importa”, e que “o noso idioma é a nosa ferramenta máis potente”, recoñecendo o legado do autor ourensán. Pardo destacou a pegada de Losada Diéguez na identidade galega, definíndoo coma un dos pais do galeguismo contemporáneo: “Sen eles sería imposible imaxinar a Galicia de hoxe”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CAÍDA DE UN PINO
Estabilizado un nuevo incendio en Boborás, el cuarto de este verano
SE RECLAMAN MEDIDAS URGENTES
Un incendio junto a las vías del tren en Boborás vuelve a poner el foco en la infraestructura ferroviaria
INVESTIGAN SI LO ORIGINÓ UN TREN
Un incendio forestal en Boborás obliga a cortar la línea ferroviaria Santiago-Ourense
Lo último
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas