SAN PEDRO DO REGUEIRO
Boborás impulsa nuevas mejoras en sus iglesias
50 ANOS DE ANTIGÜIDADE
Preto dun millón de euros destinarán a Xunta e o Concello de Boborás á modernización das canalizacións de auga na travesía da Almuzara, que acumulan máis de 50 anos de antigüidade. As obras desenvolveranse entre 2027 e 2029 e supoñerán un impulso importante para a mellora deste servizo.
O compromiso quedou selado hoxe coa firma dun convenio por parte da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres. En concreto, o proxecto contempla a renovación integral das redes de abastecemento, saneamento e pluviais do municipio. Según destacou a conselleira, estas obras permitirán minimizar fugas e avarías na rede de distribución, solucionar as deficiencias no sistema de saneamento e evitar as filtracións que afectan ás vivendas. Ademais, a actuación inclúe a instalación dunha nova rede pluvial independente, o que evitará a sobrecarga da infraestrutura actual.
Esta intervención súmase ás 30 actuacións impulsadas por Augas de Galicia para mellorar os servizos básicos da auga no rural, un programa que mobiliza preto de 28 millóns de euros e do que se beneficiarán ao redor de 65.000 persoas. Neste caso, Augas de Galicia financia o 80 % do orzamento -con fondos propios e financiamento da Union Europea a través do Feader-, e o Concello de Boborás asume o 20 % restante.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
QUERELLA DE UNA PETROLERA
El Gobierno destituye al delegado de la Agencia Tributaria en Galicia, investigado por prevaricación