Cinco agrupacións participarán no Festival de Habaneras do Orfeón carballiñés
O Auditorio municipal da vila do Arenteiro acollerá o vindeiro 18 de xullo o Festival de habaneras que dende hai 16 anos organiza o Orfeón do Carballiño, coa colaboración do Concello, a Deputación provincial e a Xunta, cun orzamento superior ós 11.000 euros.
O presidente da agrupación polifónica anfitriona, Emilio Rodríguez, sinalou que nesta edición temos como invitadas a Coral rondalla O Castro de Baión, Pontevedra; o Orfeón Santa Teresa, de Guadalajara (A Mancha); o coro San Xulián de Laíño e a Rondalla de Cariño, estas dúas de A Coruña.
Cada un dos grupos participantes interpretará tres habaneras no escenario do Auditorio, a partires das oito e media da tarde, nunha actividade incluida na programación do Verán Cultural promovido polo Concello carballiñés. O director do Orfeón, Xosé Luis Reza Cabano, adiantou que coma tódolos anos, imos rendir homenaxe a un persoeiro vencellado ó mundo da polifonía, neste caso, o profesor Xosé Francisco Martínez Reboiras, un dos defensores da lingua galega como ferramenta para o canto popular e tamén relixioso.
Reza Cabano apuntou que Martínez Reboiras comezou a fundar corais infantís en Santiago e O Ferrol, e tamén o coro de Laíño que estará no noso festival, ademais de escribir un libro de composicións en galego con máis de 300 partituras, moi coñecidas a nivel das agrupacións polifónicas das catro provincias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Confianza quebrada
FOMENTAR ALIMENTACIÓN SALUDABLE
El Gobierno prevé limitar las máquinas "vending": la comida de los hospitales eliminará ultraprocesados
Jacinto Seara
Dogmas modernos sustituyen a los milenarios