FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
Un total de 47 obras optan ao Premio Antón Losada Diéguez. O pasado 31 de xaneiro pechou oficialmente o prazo para presentarse a este certame que celebra a súa XXXVI edición. Das 47 participantes, 30 son de Creación Literaria e 17 de Investigación e Ensaio. Este premio, cuxa secretaría técnica correspóndelle este ano ao Concello do Carballiño, que alterna a organización co de Boborás, ten unha contía de 12.000 euros, 6.000 para cada modalidade.
Entre as 30 obras que optan ao premio na modalidade de Creación Literaria figuran, entre outras, "Un señor elegante" de Suso De Toro, "Ulcis" de Xosé Fernández Ferreiro, "Tantos anos de silencio" de Francisco Castro ou "O libro da filla" de Inma López Silva, no eido da novela.
Ademais, tamén aparecen obras como "Árbores no deserto" de Rosalía Fernández Rial ou "Distancias" de Tamara Andrés e Marcos Viso como propostas poemarias.
En canto á Investigación e Ensaio, compiten traballos como o de Manuel Rivas coa obra "Zona a Defender" ou "Despoxos e vísceras ilustres" de María Xosé Queizán, entroutras.
O próximo 24 de abril é a data na que os nove membros do xurado se reunirán para tomar a súa decisión sobre as obras premiadas. Este xurado estará presidido polo concelleiro delegado da Área de Cultura do Concello do Carballiño, Diego Fernández, quen ademais estará acompañado por un representante nomeado por cada unha das seguintes institucións culturais: Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Museo do Pobo Galego, Deputación provincial de Ourense, Concello de Boborás, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña.
A entrega do premio, se as restricións pola pandemia o permiten, farase o día 12 de xuño, e terá lugar no transcurso dun acto literario que se celebrará no pazo de Moldes, onde naceu Losada Diéguez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy miércoles, 5 de agosto