O apoio educativo en Carballiño frea o abandono escolar
INCLUSIÓN EDUCATIVA
Galicia refuerza la educación inclusiva con un programa de diversificación curricular
O programa de diversificación curricular, do que xa disfrutan 2.323 alumnos de toda Galicia, está a ter gran acollida entre os rapaces de 3º e 4º de ESO do IES nº 1 de Carballiño.
Este programa ten a finalidade de “reducir o abandono escolar temperán e avanzar na inclusión educativa real”, según Judith Férnandez, directora xeral de Ordenación Educativa. Cun orzamento de 8,2 millóns de euros, dos cales 4,9 millóns proceden de fondos da Unión Europea, os centros dispoñen de máis recursos de apoio e materiais para a planificación horaria e respaldo aos alumnos que máis o precisan.
Membros da Comisión Europea que participaron no acto que tivo lugar no IES de Carballiño, xunto con outros representantes políticos e educativos locais, resaltaron os bos resultados de Galicia neste eido.
A representante da Consellería salienta que: “Galicia é actualmente un referente nese eido, cun 93,3% do alumnado con necesidades especiais educativas escolarizado en centros ordinarios, fronte á media estatal do 85%”. Destaca tamén Judith Férnandez que: “A Xunta incorpora iniciativas pioneiras como os ciclos de FP básica adaptada con programas de acompañamento educativo, itinerarios adaptados e á mellora da formación docente”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INSERCIÓN LABORAL
El obradoiro dual mejora calles y viales en Carballiño
PRESENTACIÓN OFICIAL
La Veracruz ya tiene himno y cartel de su año santo jubilar
protagonistas
Aurora Bernárdez, la musa ourensana de Julio Cortázar
Lo último
TRAYECTORIA LITERARIA
La escritora española Cristina Fernández Cubas gana el Premio Cervantes 2026
XENTES POPULARES
A forza da transmisión