O BNG do Carballiño insta ó PP a que faga oposición e ratifica a Amil como concelleiro
O BNG do Carballiño recoméndalle ao PP desta localidade que se dedique a facer oposición e deixe a elección ou dimisión dos cargos das outras formacións políticas nas mans das respectivas organizacións.
Os nacionalistas responden desta maneira ó portavoz do PP, Argimiro Marnotes, que reclamou a dimisión do concelleiro do BNG, Manuel Amil, por pactar agora cos socialistas, despois de manifestar ó principio do mandato que non o faría.
Ninguén é escravo das súas palabras para a eternidade e menos Manuel Amil quen, nun momento dado e nunhas circunstancias determinadas, asegurou que non pactaría no goberno agás fose para ser alcalde, cousa que así fixo no pleno de investidura do actual mandatario, matizan os resposables da organización. En consecuencia, o BNG do Carballiño ratifica a Manuel Amil como concelleiro e asume aquelas declaracións no senso de que se cumpriu con elas no momento da formación da actual corporación municipal e insta ó PP a facer unha boa oposición á vista do novo grupo de goberno.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
Lo último
FESTA DA XUVENTUDE
Bousés arranca tres días de festa impulsados pola súa mocidade
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tontos útiles
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays